dia mundial de la poesia

20

Upload: lastura-editiones

Post on 09-Mar-2016

229 views

Category:

Documents


10 download

DESCRIPTION

Celebracion del Dia Internacional de la Poesia 2013

TRANSCRIPT

Page 1: Dia mundial de la poesia
Page 2: Dia mundial de la poesia
Page 3: Dia mundial de la poesia

1

EDICIÓN ESPECIAL

DÍA MUNDIAL DA POESÍA 2013

Page 4: Dia mundial de la poesia

2

© Texto: Lourdes de Abajo, Xavier Frías, Verónica Martínez, Pilar Mera, Mila Villanueva y Rafael Yáñez.

© Maquetación: Lidia López Miguel © Lastura Editiones www.lastura.es.tl

All rights reserved worldwide.

Page 5: Dia mundial de la poesia

3

LOURDES DE ABAJO

Fraga e cumio.

Escuridade.

Pedras como fouces

esgazan a pel.

E fican os pés descalzos

de lama cubertos.

Alongo a man.

Prendo a luz.

(soño con sombras).

Page 6: Dia mundial de la poesia

4

XAVIER FRÍAS CONDE

FALA BAIXIÑO

"fala baixiño"

disme "vixíanme no cuarto do lado" serán teus temores que moran no cuarto do lado?

mais non hai cuarto do lado só unha xanela sempre aberta e un freixo a tremer do outro lado da rúa e as túas palabras

como pegadas nunha neve escura que ninguén nota queres cariñas que endocen os elos da cadea que teces na túa boca

"fala baixiño" disme "teño medo que me escoiten no cuarto do lado".

poño o chapeu e saio para a rúa o louqueiro da porta interrógame coa ollada

"sandará" dígolle "cando se erga e saia soa pola porta e lle conte as penas a unha cervexa"

non se decata que ti escapas abrazada á miña sombra

Page 7: Dia mundial de la poesia

5

VERÓNICA MARTINEZ

RENOVAR OS SOÑOS PARA DERRUBAR OS MUROS

Sabías

a que temperatura

medrara

cada rocha

da muralla,

cal era a profundidade exacta

do golpe que a xerara.

Medías,

cabaleiro de punto fixo,

con compás,

con reloxo de sol,

a forza precisa

para desprender

cada pedra

do muro

sen rachala,

sen espertarme.

Page 8: Dia mundial de la poesia

6

PILAR MERA

NAUFRAXIOS DE IDA E VOLTA

Penso en ti

cando xa non pensaba

pensarte.

A golpes de mar.

Embarcada e feliz

noutros naufraxios.

E outra vez chegas

nunha onda agochada do alén.

Que te sabe aínda

máis lonxe que antes.

E te deixa

mil verbas máis preto.

Page 9: Dia mundial de la poesia

7

MILA VILLANUEVA

Sobre el Montgó

se despertó la luna

abandonada.

Sobre el Montgó

es va despertar la lluna

abandonada.

Sobre o Montgó

espertouse a lúa

abandonada.

Page 10: Dia mundial de la poesia

8

RAFAEL YÁÑEZ

IX

Las esquinas del mundo

N. Cócaro

Hoxe síntome a carballeira sombría

celebrando a chegada do outono

a lugares incongruentes.

Observo o silencio do teu ninguén,

eu, que son xordo de respostas

inacabadas ecomplexas.

Nas esquinas do mundo

o meu peito éinconstante e envexa

o teu ventre, que é vida á deriva.

Page 11: Dia mundial de la poesia

9

LOURDES DE ABAJO

A man marca meu pulso.

O corpo

(redondo e frío oco)

a salvo.

Nunha soga.

A xeometría da miña voz

do silencio é a xeometría.

Vogais.

Vogais que se debuxan.

E a voz

ese perfil

que cala.

Page 12: Dia mundial de la poesia

10

XAVIER FRÍAS CONDE

NO BORDO DO MUNDO

houben recorrer ás páxinas dun libro

para te ver

e en pasando aquelas páxinas

atopeite sentada no bordo do mundo

a inventar entroidos

e estabas triste

sentaches ao meu lado

e demos abeiro aos colibrís

que invisíbeis a túa boca ruborizan

a infancia dese día

ao cabo virou muller

coma ti

viraches mediodía

Page 13: Dia mundial de la poesia

11

VERÓNICA MARTINEZ

A TENSIÓN DOS MEUS PINGÜÍNS

Viaxaches

cos meus poemas

dende os cornos

da lúa

ata a Antártida.

Non che importaba

a tensión dos meus pingüíns,

que se alteran co ruído,

e picaches

co monótono cravuñar

o xeo

que me cubría.

Querías

calcular

a idade exacta

da glaciación,

ir ata a orixe

do vórtice.

Tocar

a lava

e deixarme

espida.

Page 14: Dia mundial de la poesia

12

PILAR MERA

ALÉN DAS VERBAS

Espida.

En ti.

Ante ti.

Se os teus ollos me miran.

Detida.

Son luz que acariña o teu mar que alumea

o meu peito.

Respira,

que os teu ollos se levan as moreas de ar

que me viven dentro.

Retida

no segundo que caes

cos teus ollos en min e me deixas sen tempo.

Prendida.

Os meus ollos te miran co abalar das marés,

aloumiño de lonxe, suave o alento.

Espida

ante ti,

se os teus ollos me miran.

Verbas mudas que non deixan segredos.

Page 15: Dia mundial de la poesia

13

MILA VILLANUEVA

Quedó desierto.

el banco donde dormían

los mendigos.

Va quedar desert

el banc on dormien

els captaires.

Quedou deserto

o banco onde durmían

os mendigos.

Page 16: Dia mundial de la poesia

14

RAFAEL YÁÑEZ

ABANO … coma o de Madame Mallarmé, supoño.

A túa mirada cálida

coma o refresco do Caribe

nas noites de verán.

De cando en cando as nubes,

e de cotío a miña lembranza, convertíante

en serea de cabelos longos

eespida inocente.

Eu tentaba desfacer os teus caracois,

xa sen curvas,

e procurábate, só miña,

en lonxitudes de vertixe.

Había camelias no teu val oculto,

eran brancase doces,

coma a inquietude das túas mans

na procura do abano.

Page 17: Dia mundial de la poesia

15

Page 18: Dia mundial de la poesia

16

Page 19: Dia mundial de la poesia
Page 20: Dia mundial de la poesia