esquemas. as vangardas
DESCRIPTION
Esquemas-resumo e actividades sobre As Vangardas, elaborados por Lourenço Álvarez.TRANSCRIPT
Lo
ure
nç
o Á
lva
rez
- Movemento estético que produce, no inicio do século XX, unha profunda renovación nos distintos campos artísticos. Preséntase de xeito f ragmentario, en dif erentes movementos: futurismo, cubismo, surrealismo, creacionismo...
AS VANGARDAS
- CRONOLOXÍA: Entre 1909, data de creación do FUTURI SMO, e finais da década de 1920.
- LOCALIZACIÓN: Distintos países e cidades de Europa occidental, especialmente en París
- VIXENCIA: A pesar de ser un movemento relativamente ef émero, deixou unha fonda pegada nas distintas mani-festacións artísticas desde entón até a actualidade
- OBXECTIVO: A diferenza da concepción artística tradicional, que intenta reproducir fielmente a realidade, as van-gardas pretenden transformala, reinterpretala, a partir da visión persoal do artista
- CARACTERÍSTICAS XERAIS:- Ruptura radical coa tradición - Renovación da temática- A arte ten sentido en si mesma - Arte cerebral, antisentimental, antirromántica- Expresión hermética - Elaboración de manifestos programáticos radicais
FUTURISMO (PRI NCI PAI S AUTORES: F. T. Marinetti, Álvaro de Campos, Almada Negreiros,V. Maiakovski)
► Destrución absoluta da sintaxe► Emprego do verbo en infinitivo► Abolición do adxectivo e do adverbio e emprego de substantivos duplos (“multitude-resaca”)► Substitución dos signos de puntuación por símbolos matemáticos (+ — < > = ...)► Revolución tipográfica: mestura de distintos tipos e tamaños de letras, uso de chaves, espazos en branco..► Abundante léxico de tipo técnico
- CARACTERÍSTICAS DOS PRINCIPAIS MOVEMENTOS:
Lo
ure
nç
o Á
lva
rez
CUBISMO (PRI NCI PAI S AUTORES: Guillaume Apollinaire, Max J acob, J oan Salvat Papasseit)
► Antisentimentalismo radical; predominio da realidade intelectual sobre a sensorial ► Fragmentación da realidade, ruptura da liña narrativa, simultaneidade► Mestura de linguas e material heteroxéneo► Sentido humorístico e lúdico da expresión artística► Xogo coa disposición tipográfica, creación de imaxes visuais: os caligramas
DADAÍSMO (PRI NCI PAI S AUTORES: Tristan Tzara, Francis Picabia)
► Rebeldía contra todo tipo de convencionalismo ► Desprezo radical de toda manifestación artística anterior► Reivindicación absoluta do absurdo, do carente de sentido► Profundo negativismo; máis que propor unha nova estética, destrúen toda estética imperante► Humorismo, gusto polo ridículo
SURREALISMO (PRI NCI PAI S AUTORES: André Breton, Louis Aragon, Paul Éluard, Álvaro Cunqueiro)
► Negación do mundo real como materia para a arte;antirrealismo ► A creación ten como punto de partida o mundo onírico► A imaxinación rebélase contra o reinado da lóxica► A escrita automática como expresión da liberación da razón► Expresión hermética e multisignificativa
CREACIONISMO (PRI NCI PAI S AUTORES: Vicente Huidobro, Pierre Réverdy, Manuel Antonio)
► Creado polo poeta chileno Vicente Huidobro► Semellante ao Ultraísmo, supón, como este, unha síntese de características variadas doutros movementos► Procura a expresión poética baseada en imaxes, liberadas dos seus significados habituais► O poeta é un ser elixido, capaz de captar a esencia da realidade e reinterpretala desde a súa propia óptica
OUTROS MOVEMENTOS DE VANGARDA: I maxinismo, Ultraísmo, Expresionismo, Fauvismo...
Lo
ure
nç
o Á
lva
rez
Sitúa o seguinte poema na corrente de vangarda coa que máis se identifique
AS VANGARDAS
Podes ampliar información sobre o autor clicando no seu nome
► Convérteo nun poema tradicional, adaptando o seu contido as formas expresivas convencionais► Escribe un poema vangardista especificando a corrente na que se adscribe. Procura cumprir
da maneira máis completa as características dese ismo
► Destaca as súas principais características
REZA UNHA RAPARIGA NO MEU VAIXEL
oh, ven onda mine pousa con emociónos teus labios na miña boca- nun bico apaixonadoserei toda túa!
BAIXO AS VELAS POSUIREINA
Como sei que se bicabicareina
mariñeiriño que non vixía corsario vén e a amada lle quitase non lle leva ningunha canción- corsario vén e quítalle o
amor
MARSELLA PORTO DE AMORNOSA SEÑORA DA GARDA ROGADE POR NÓS
(J oan (J oan (J oan SalvatSalvatSalvat PapasseitPapasseitPapasseit)))
Lo
ure
nç
o Á
lva
rez
► I nexistencia dunha verdadeira escola vangardista galega (poucos autores plenamente vangardistas, un único manifesto, carencia de revistas estritamente vangardistas...)
► Non hai unha renuncia ao compromiso coa realidade social e cultural do país► Non se produce unha ruptura total coa tradición literaria► Literatura menos cerebral, non totalmente afastada do sentimentalismo
AS VANGARDAS GALEGAS
- CARACTERÍSTICAS PECULIARES DAS VANGARDAS GALEGAS
- MANIFESTACIÓNS DAS VANGARDAS: revistas (Ronsel, Alfar, Cristal...) e manifestos (Máis alá (1922), asinadopor Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro: crítica da literatura baseada na tradición, dos tópicos literarios galegos, def ensa radical do individualismo e da liberdade creativa)
- AUTORES:
MANUEL ANTONIO: Móvese dentro da órbita do Creacionismo, movemento que pretende captar a esencia da realidade e reinterpretala desde a óptica persoal do poeta. I ncorpora tamén características expresivas pro-pias doutras correntes de vangarda•Obra principal: De catro a catro (1928): poemas estruturados a xeito de travesía mariña. Temáticas: o mar e os elementos directamente relacionados con el, o paso do tempo, a soidade radical, a terra como contrapunto
ÁLVARO CUNQUEIRO: Parte da súa obra poética é de expresión próxima ao Surrealismo, con profusión de me-táforas irracionais e un marcado gusto pola inspiración onírica•Obras principais: Mar ao norde (1932) e Poemas do si e non (1933)
Lo
ure
nç
o Á
lva
rez
- MOVEMENTOS PARALELOS ÁS VANGARDAS:
NEOTROBADORISMO: I nspirado na recreación da lírica medieval galego-portuguesa, fundamentalmente nos esquemas f ormais e no inxenuismo da cantiga de amigo, participa (esencialmente en Á. Cunqueiro) dunha certavontade expresiva proxima á linguaxe vangardista.
- AUTORES:
F. BOUZA BREY: máis tradicional na repetición dos esquemas formais da poesía trobadoresca•Obras principais: Nao senlleira (1933) e Seitura (1935)
ÁLVARO CUNQUEIRO: Máis renovador a respecto das temáticas e formas medievais, presenta nas súas obras neotrobadoristas, un tratamento das imaxes moi na liña dos movementos vangardistas•Obras principais: Cantiga nova que se chama ribeira (1933) e Dona de corpo delgado (1950)
HILOZOÍ SMO (IMAXINISMO): Destaca nesta poesía a presentación humanizada da natureza, continuando a li-ña animista de Noriega Varela. Son de salientar tamén a descrición impresionista da paisaxe, a abundancia de imaxes e o gusto polo cosmopolitismo
- AUTORES:
AMADO CARBALLO:•Obras principais: O galo (1928) e Proel (1967)
Lo
ure
nç
o Á
lva
rez
.- Busca no seguinte enlace [BI BLI OTECA VI RTUAL GALEGA – POESÍ A MEDI EVAL] unha cantiga de amigo con leixaprén da nosa literatura trobadoresca e compáraa coa seguinte composición :
AS VANGARDAS GALEGAS
► Comenta os puntos que teñen en común, tanto desde o punto de vista formal, como desde o punto de vista da temática
► Repara agora nas diferenzas
► Que aspectos da composición de Cunqueiro cres que se poden considerar vangardis-tas? Con que movemento gardarían relación?
Tiña sono de cristais Tiña sombra de cristaisunha noiva que eu había, unha noiva que eu había,ai, dolor! ai, dolor!
De cristais a cortaba De cristais a rachabao sono en que ela dormía a sombra en que ela morríaai, dolor! ai, dolor!
(Álvaro Cunqueiro)