a problemática do multilingüismo na indiapublished in revista galega de cultura, number 189,...

17
A Problemática do Multilingüismo na India Nandi, A. (2011). A Problemática do Multilingüismo na India. Grial. Revista Galega de Cultura, 189, 71-75. Published in: Grial. Revista Galega de Cultura Document Version: Peer reviewed version Queen's University Belfast - Research Portal: Link to publication record in Queen's University Belfast Research Portal General rights Copyright for the publications made accessible via the Queen's University Belfast Research Portal is retained by the author(s) and / or other copyright owners and it is a condition of accessing these publications that users recognise and abide by the legal requirements associated with these rights. Take down policy The Research Portal is Queen's institutional repository that provides access to Queen's research output. Every effort has been made to ensure that content in the Research Portal does not infringe any person's rights, or applicable UK laws. If you discover content in the Research Portal that you believe breaches copyright or violates any law, please contact [email protected]. Download date:27. Mar. 2020

Upload: others

Post on 21-Mar-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A Problemática do Multilingüismo na IndiaPublished in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011. Spain: Editorial Galaxia A PROBLEMÁTICA DO MULTILINGÜISMO

A Problemática do Multilingüismo na India

Nandi, A. (2011). A Problemática do Multilingüismo na India. Grial. Revista Galega de Cultura, 189, 71-75.

Published in:Grial. Revista Galega de Cultura

Document Version:Peer reviewed version

Queen's University Belfast - Research Portal:Link to publication record in Queen's University Belfast Research Portal

General rightsCopyright for the publications made accessible via the Queen's University Belfast Research Portal is retained by the author(s) and / or othercopyright owners and it is a condition of accessing these publications that users recognise and abide by the legal requirements associatedwith these rights.

Take down policyThe Research Portal is Queen's institutional repository that provides access to Queen's research output. Every effort has been made toensure that content in the Research Portal does not infringe any person's rights, or applicable UK laws. If you discover content in theResearch Portal that you believe breaches copyright or violates any law, please contact [email protected].

Download date:27. Mar. 2020

Page 2: A Problemática do Multilingüismo na IndiaPublished in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011. Spain: Editorial Galaxia A PROBLEMÁTICA DO MULTILINGÜISMO

Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.

Spain: Editorial Galaxia

A PROBLEMÁTICA DO MULTILINGÜISMO NA INDIA

Anik Nandi (Burdwan- Bengala Occidental / India) é especialista en sociolingüística comparada

e cursa o doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela.

É bolseiro da MAEC-AECID .

Un dos elementos máis definitorios da cultura dun pobo é, sen dúbida, a súa

lingua, xa que -alén de ser o principal mecanismo de comunicación entre as persoas-

os idiomas serven tamén para transmitir emocións, sentimentos e valores sociais,

atopándose por iso ligados a procesos de construción de identidades colectivas.

Consecuentemente, as linguas reflicten o núcleo cultural das comunidades que as

falan, e é a través delas como a memoria colectiva -as anécdotas, as tradicións, os

mitos, os coñecementos e os valores- se transmite de forma inter-xeracional. O

multilingüismo é unha facultade que potencia o desenvolvemento da competencia

comunicativa dun individuo. Ao longo deste artigo voume referir á situación das linguas

minoritarias nunha sociedade plurilingüe como da India e a fenómenos como o

«contacto de linguas», «cambio do idioma» e a «desaparición» ou extinción das

linguas.

Case todos os Estados teñen no seu territorio nacional un ou varios grupos de

minorías -ben sexan minorías étnicas, lingüísticas ou relixiosas- que difiren do resto,

da maioría da poboación. As relacións harmoniosas entre as minorías e as maiorías e

o respecto da identidade de cada un dos grupos constitúen un elemento sumamente

positivo para a diversidade multiétnica e multicultural da humanidade. O seguinte

cadro mostra a distribución dos 6.909 idiomas do mundo:

Área Linguas vivas Número de Falantes Número Porcentaxe Número Porcentaxe África 2.110 30.5 726.453,403 12.2 Américas 993 14.4 50.496.321 0.8 Asia 2.322 33.6 3.622.771.264 60.8 Europa 234 3.4 1.553.360.941 26.1 Pacifico 1.250 18.1 6.429.788 0.1 Total 6.909 100.0 5.959.511.717

Cadro 1: Distribución dos 6.909 Idiomas no Mundo (Ethnologue, 2009)

A diversidade, segundo Harmon (2001), é o estado natural do mundo, e resulta

fundamental no proceso de evolución. Mentres a palabra biodiversidade se aplica á

grande variedade de organismos vivos e ás súas diferentes formas de

Page 3: A Problemática do Multilingüismo na IndiaPublished in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011. Spain: Editorial Galaxia A PROBLEMÁTICA DO MULTILINGÜISMO

Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.

Spain: Editorial Galaxia

interrelacionarse, a diversidade cultural designa a convivencia de numerosos grupos

culturais, étnicos e relixiosos entre si. A diversidade lingüística pódese considerar

como unha parte da diversidade cultural, tendo ambas unha relación recíproca e

mutua coa biolóxica. Os defensores desta teoría cren que a diversidade da vida non

soamente incorpora a variedade de especies e culturas senón tamén a variedade das

linguas que a humanidade veu empregando ao longo do tempo.

As linguas de grupos indíxenas e/ou minoritarios están estreitamente

vinculadas á identidade cultural, relixiosa e étnica. Nesta época de economía

globalizada, tende a considerarse que son pouco rendibles. O sociolingüista J.

Fishman (1989) describe este proceso como «folclorización». Entre as comunidades

minoritarias, algunhas esixen que se respecten os seus dereitos lingüísticos e loitan

para conseguir que as súas linguas gocen dun status oficial, mentres que outras optan

por asimilarse á maioría na sociedade multilingüe.

O desprazamento dun idioma é indiscutiblemente o primeiro paso cara á súa

desaparición. Os sistemas educativos e os medios de comunicación xogan un papel

moi importante nos procesos de asimilación lingüística e o xenocidio lingüístico e/ou

cultural. De feito, a lingua con maior importancia nunha sociedade determinada

sempre ten a vantaxe de impor as súas regras sobre a lingua minoritaria que sofre o

«imperialismo lingüístico» (R. Philipson, 1992).

O sistema educativo, sen dúbida, é factor moi importante no mantemento das

linguas maternas. A exclusión das linguas minoritarias da educación formal incide

directamente na perda da diversidade lingüística. Skutnabb-Kangas (2000a e 2000b)

denominou este fenómeno como «xenocidio lingüístico na educación». As linguas

minoritarias e minorizadas da India son vítimas desta tendencia. O continuo abandono

docente e social das linguas minoritarias debilita a súa supervivencia na sociedade.

Así, unha vez que o idioma comeza a ser marxinado, o proceso continúa nas

seguintes xeracións, provocando o progresivo abandono da lingua.

No cadro 2 (Skutnabb-Kangas, 2000b, 49) móstrase un resumo das definicións

e estimacións dos diferentes graos da ameaza das linguas:

Page 4: A Problemática do Multilingüismo na IndiaPublished in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011. Spain: Editorial Galaxia A PROBLEMÁTICA DO MULTILINGÜISMO

Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.

Spain: Editorial Galaxia

Segura

Nin sequera linguas con millóns de falantes están seguras; non se pode definir o nivel de ameaza segundo o número dos falantes (Trond Trosterud, Nancy Hornberger etc.)

?

Linguas con máis dun millón de falantes (Michel Krauss) 200-250

Linguas con máis de 500.000 de falantes (Michel Krauss) 250-300

Linguas con máis de 100.000 falantes (Michel Krauss)

Ata o ano 2100, só 600 linguas pódense considerar como «seguras».

Amenazada Linguas con menos de 5000 falantes (Michel Foster)

En Perigo de

Extinción Os nenos aos poucos están deixando de aprender en casa (Michel Krauss).

Moribundo Non recibe transferencia inter-xeracional. (Michel Krauss).

20-50% (1,200 ? 3,000) das case 6000 linguas. (Michel Krauss)

Cadro 2: As definicións e estimacións dos diferentes graos da ameaza das linguas (Fonte: T. Skutnabb- kangas, 2000b, 49).

O proxecto «Enduring Voices» (2007) da canal National Geographic extrae a

desoladora conclusión de que cada dúas semanas desaparece unha lingua. Segundo

a última versión de Ethnologue (2009), actualmente quédannos 6.800 idiomas e o 97%

de poboación total do mundo fala só un 4% (aproximadamente uns 600) deles.

Considérase que só estes poderán sobrevivir a longo prazo. A maioría das linguas

ameazadas considéranse como linguas minoritarias, e en moitos casos non teñen

ningún poder nin recoñecemento oficial, nin sequera no seu propio territorio.

O gráfico 1 expón a lista dos países con máis linguas en perigo de extinción.

Aquí compróbase que a India ten o maior número de linguas ameazadas (196).

Page 5: A Problemática do Multilingüismo na IndiaPublished in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011. Spain: Editorial Galaxia A PROBLEMÁTICA DO MULTILINGÜISMO

Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.

Spain: Editorial Galaxia

Gráfico 1: Lista dos Países con mais linguas en Perigo de Extinción (UNESCO, 2009) 1

A India incorpora no seu territorio 3.372 linguas maternas (Censo, 1991). Entre

elas, só 1.572 están rexistradas e as restantes 1.796 están agrupadas como «outras

linguas maternas». Doutra banda, R. Fasold (1987, p. 20) sinala que «no one knows

definitely how many languages are spoken within its [India] borders, but they number

several hundred». Con todo, o censo de 2001 reduciu todas estas linguas maternas a

122. Todas elas están divididas en dous grupos: 22 linguas oficiais (Scheduled

Languages) e 100 linguas non-oficiais (Non-Scheduled Languages).

O cadro 3 recolle os datos máis recentes:

1 Fonte: UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura): Atlas

UNESCO de las Lenguas en Peligro en el Mundo. Edición interactiva. En línea:

http://www.unesco.org/culture/ich/ [Consulta: 21 de febreiro de 2010].

Page 6: A Problemática do Multilingüismo na IndiaPublished in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011. Spain: Editorial Galaxia A PROBLEMÁTICA DO MULTILINGÜISMO

Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.

Spain: Editorial Galaxia

Estados Indicadores

A India

Número de linguas 3.372 linguas maternas (Censo, 1991). (úsanse ao redor de 400 como linguas da comunicación)

Linguas oficiais do estado O hindi e inglés (lingua asociada da Unión)

Linguas cooficiais (recoñecidas nas súas respectivas rexións)

21 linguas (oriya, kashmiri, bengalí, gujarati, tamil, marathi, telegu, malayalam…)

Linguas catalogadas como minoritarias

100

Número de linguas nunha situación crítica2

35

Política lingüística actual na educación nas rexións relevantes

As rexións da India están divididas segundo as súas propias linguas. India tamén segue unha fórmula trilingüe: a lingua rexional (L1), a lingua nacional (L2) e a lingua internacional (L3).

Cadro 3: Situación lingüística actual da India

O mosaico idiomático da India componse de cinco familias lingüísticas: a

dravídica (ante todo tamil, telegu, malayam, e kannada), a indo-aria (hindi, bengalí,

punjabi, gujarati, marathi, sindhi etc.), a austro-asiática (limitada principalmente a un

subgrupo de linguas faladas nas montañas e bosques da India central e oriental), a

sino-tibetana (un grupo de linguas confinadas en grande parte á fronteira nordés), e a

familia andamanés (contén dez grupos étnicos diferentes coa súa propia lingua e

nome).

O gráfico 2 mostra a distribución das familias lingüísticas da India:

2 UNESCO (Organización de las Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura) & Norwegian

Ministry of Foreign Affairs (2009): Atlas UNESCO de las Lenguas en Peligro en el Mundo. Edición interactiva. En

línea: http://www.unesco.org/culture/ich/ [Consulta: 21 de febrero de 2010].

Page 7: A Problemática do Multilingüismo na IndiaPublished in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011. Spain: Editorial Galaxia A PROBLEMÁTICA DO MULTILINGÜISMO

Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.

Spain: Editorial Galaxia

Gráfico 2: Distribución das Familias Lingüísticas na India (Censo, 2001)

A situación é moito máis complicada do que aparece no gráfico. Cando unha

lingua pasa os límites dunha provincia ou estado, é escrita a miúdo nun alfabeto

distinto e non pode ser lida por outros falantes da mesma familia lingüística. Este é o

caso, por exemplo, do punjabi ou do konkani. O Punjabi é unha lingua que se escribe

cos alfabetos devanagari, persa-árabe e gurumukhi; o konkani fálase en Goa,

Karnataka, Maharastra e Kerala, mais escríbese con diferente alfabeto en cada lugar.

Por outra parte, algunhas linguas teñen dialectos rexionais moi diversos. O hindi, por

exemplo, fálase dun modo moi diferente como lingua materna en Delhi, Rajasthan,

Hariyana, Uttar Pradesh e Bihar. O mesmo sucede coa maioría das linguas estatais.

O cadro 4 presenta as cinco primeiras letras dos alfabetos correspondentes ás

linguas máis importantes da India:

Cadro 4: Os Alfabetos das linguas mais importantes da India

Page 8: A Problemática do Multilingüismo na IndiaPublished in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011. Spain: Editorial Galaxia A PROBLEMÁTICA DO MULTILINGÜISMO

Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.

Spain: Editorial Galaxia

No seguinte mapa lingüístico (mapa 1) móstrase a distribución das linguas

oficiais na India:

Mapa 1: O Mapa Lingüístico da India

A oficialidade destas linguas está recollida no capítulo oitavo da Constitución.

Segundo o último desenvolvemento de 2003 dese capítulo oitavo da Constitución da

India (artigos 343 - 51), no país existen só 22 idiomas oficiais catalogados, mentres

que os restantes non están incluídos no grupo privilexiado e considéranse como

«linguas minoritarias». Segundo o Censo de 2001, o 97% da poboación total da India

fala polo menos un dos idiomas oficiais como lingua inicial e case 3% da poboación

total fala unha destas linguas minoritarias e/ou minorizadas. O Third All India Survey

(a Terceira Enquisa de toda a India) confirma que se utilizan 58 linguas ao nivel

escolar, 47 na administración pública, emítense programas no radio en 91 e os

materiais de medios de comunicación están dispoñibles en 87 (Benedikter, 2009,

p.17).

Despois da independencia do imperio británico en 1947, os líderes locais da

India poscolonial comezaron a demandar estados separados para manter a súa propia

identidade étnica e/ou cultural. Unha das demandas máis frecuentes foi a delimitación

de fronteiras lingüísticas segundo a lingua dominante da zona. Este foi o comezo da

glotopolítica na India.

Page 9: A Problemática do Multilingüismo na IndiaPublished in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011. Spain: Editorial Galaxia A PROBLEMÁTICA DO MULTILINGÜISMO

Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.

Spain: Editorial Galaxia

A creación de novos estados segundo a súa identidade lingüística principiou no

ano 1953 e, desde entón, a India segue tendo demandas de formación de novos

estados por parte dos falantes das diferentes linguas. Tanto é así que a denominación

de moitos dos seus 28 estados ten unha base lingüística, pois os seus nomes

derívanse dos da lingua maioritaria da área, que polo xeral posúe o status de lingua

cooficial (Schduled Language). Así, por exemplo, os estados de Kerala, Tamil Nadu,

Maharashtra, Karnataka, Gujarat teñen como linguas dominantes o malayalam, o

tamil, o marathi, o kanadda e o gujarati respectivamente. Andra Pradesh é para a

xente que fala telugu; Orissa é a zona onde máis se fala o oriya; Bengala Occidental

ten o bengalí como a lingua maioritaria; Punjab é para os falantes do punjabi; o

asamés é a lingua dominante do estado de Assam, etc.

Con todo, hai algúns estados na India en que o factor lingüístico non tivo tanta

importancia. Por exemplo, factores como a etnicidade e a economía formaron a base

para a creación de Nagaland, Meghalaya, Manipur e Tripura; o factor histórico-político

deu a luz aos estados como Uttar Pradesh e Bihar; creáronse Madhya Pradesh e

Rajasthan pola integración dos Estados Reais.

O gráfico 3 mostra unha comparación entre os falantes nativos das linguas

oficiais e cooficiais importantes nos Censos de 1991 e 2001 da India:

Page 10: A Problemática do Multilingüismo na IndiaPublished in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011. Spain: Editorial Galaxia A PROBLEMÁTICA DO MULTILINGÜISMO

Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.

Spain: Editorial Galaxia

Gráfico 3: Comparación entre os Censos de 1991 e 2001 da India

O multilingüismo é algo fundamental da sociedade hindú. No cadro 5

preséntase a distribución do multilingüismo no Censo da India de 2001. Aquí o

multilingüismo é a suma do bilingüismo e trilingüismo. Mentres que o nivel de

multilingüismo e bilingüismo é moi alto no caso do kashmiri e do punjabi, o nivel de

trilinguismo é alto no caso do malayalam, o konkani e o manipuri. Con todo, os

falantes de bengalí teñen tendencia a ser monolingües.

Linguas Multilingüismo Bilingüismo Trilingüismo

Kashmiri 52.52 42.16 10.36 Sindhi 50.61 40.74 09.91

Punjabi 36.25 30.75 05.50

Nepalí 35.46 23.25 12.21

Marathi 25.79 23.79 02.00

Konkani 24.75 08.58 16.47

Manipuri 24.31 10.02 14.29

Gujarati 23.95 22.13 01.78

Urdu 20.61 16.60 04.01

Malayalam 19.07 02.69 16.38

Assamese 16.93 08.82 08.11

Oriya 11.36 04.56 11.36

Telugu 08.01 03.28 04.73

Kannada 08.98 03.89 05.09

Bengalí 06.64 03.99 02.65

Tamil 01.56 00.70 00.86

Cadro 5: Porcentaxe do Multilingüismo entre as Linguas máis Importantes da

India (Censo, 2001)

Existe, xa que logo, unha xerarquía (véxase cadro 6) entre as linguas da India.

Podemos distinguir seis grupos:

Page 11: A Problemática do Multilingüismo na IndiaPublished in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011. Spain: Editorial Galaxia A PROBLEMÁTICA DO MULTILINGÜISMO

Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.

Spain: Editorial Galaxia

Cadro 6: Xerarquía das linguas na India

Ante todo sitúanse o hindi -a lingua oficial a nivel federal (tamén en varios

estados como Uttar Pradesh, Madhya Pradesh, etc.)- e o inglés, a lingua asociada do

estado. Aínda que o inglés é oficialmente unha lingua minoritaria segundo o seu

número de falantes, non resulta así polo seu status e o valor económico que posúe a

nivel nacional e internacional.

Nun segundo plano aparecen as 21 linguas cooficiais dos diferentes estados,

como o bengalí en Bengala Occidental, o oriya en Orissa etc. A continuación veñen as

linguas e dialectos non recoñecidos no capítulo oitavo da Constitución: os 65 dialectos

recoñecidos das linguas cooficiales, despois as 100 linguas minoritarias (dos grupos

indíxenas e tribos como os ho, os mundari etc.) e os seus 149 dialectos. Finalmente,

veñen na lista as linguas que teñen menos de dez mil falantes, que se clasifican como

linguas non recoñecidas, xa que o censo do goberno da India só conta as linguas que

teñen máis de dez mil falantes. Con todo, esta política reduccionista resulta prexudicial

para o desenvolvemento destas linguas minorizadas.

A ameaza a estas linguas procede da lingua nacional, o hindi, e, sobre todo,

do inglés. Tamén as linguas rexionais xogan un papel importante para acelerar o

proceso de abandono das linguas minoritarias ou minorizadas.

Segundo o censo de 2001, só un 22% da poboación total da India fala hindi

como lingua materna. Uttar Pradesh é o estado en que máis se fala o hindi, aínda que

tamén ten moitos falantes noutros Estados como Rajasthan, Bihar e Madhya Prades.

Doutra banda, en estados como Bengala Occidental, Himachal Pradesh e Uttaranchal

ten moi poucos.

Page 12: A Problemática do Multilingüismo na IndiaPublished in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011. Spain: Editorial Galaxia A PROBLEMÁTICA DO MULTILINGÜISMO

Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.

Spain: Editorial Galaxia

O gráfico 4 presenta a distribución do hindi, a lingua oficial da unión da India:

Gráfico 4: Distribución do hindi (Censo, 2001)

Segundo a UNESCO, o termo «minoritario» refírese aos grupos non

dominantes que posúen e desexan preservar os seus costumes, características

étnicas e relixiosas ou tradicións lingüísticas, que son diferentes do resto da poboación

nunha determinada sociedade. Por tanto, por «lingua minoritaria» entendemos a

propia dun grupo minoritario, definido nos termos da UNESCO. Pero esta definición

dunha lingua minoritaria non é a que se aplica na India, como a continuación se

explica.

A Constitución non ofrece un criterio claro para definir os idiomas minoritarios.

O capítulo oitavo da Constitución da India de 1948 (artigos 343?51) considera que

existen só 22 idiomas oficiais catalogados na India, mentres que o resto -os que non

están incluídos neste grupo- considéranse como «linguas minoritarias». O Tribunal

Supremo da India, en 1958, presentou un parámetro para definir un idioma minoritario

como «a lingua da comunidade minoritaria» (comunidade inferior ao 50% da

poboación do estado).

Con todo, este parámetro non se pode aplicar a nivel nacional xa que «non

existe ningún grupo lingüístico que poida reclamar o status de maioría na India»

(Chaklader 1981, p.14). O hindi, oficial da Unión, é o idioma de só o 40% da poboación

total. Con todo, a lingua minoritaria, segundo Bhatt e Mahboob (2002) debería ser

diferente do idioma da maioría da comunidade e do idioma de estado. Por exemplo, o

inglés é o idioma oficial de Meghalaya, pero só o fala o 0,01% da poboación total do

estado. Podemos concluír, pois, que non se poden definir os idiomas minoritarios a

Page 13: A Problemática do Multilingüismo na IndiaPublished in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011. Spain: Editorial Galaxia A PROBLEMÁTICA DO MULTILINGÜISMO

Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.

Spain: Editorial Galaxia

través do seu valor numérico nun contexto como o da India. Neste contexto, Chaklader

(1981, p. 14) loita por conseguir unha definición dos idiomas minoritarios en cada

estado, en lugar de facelo con respecto ao contexto xeral da India.

Pola súa banda, Anvita Abbi (2007) opina que o capítulo oitavo da Constitución

da India creou unha diferenza enganosa entre os idiomas oficiais e non oficiais, xa que

un grande número de linguas quedaron fóra desta lista. Polo tanto, estes idiomas

minoritarios (por exemplo, turi, bhumji etc.) de tribos concretas seguen discriminados e

manteñen o status de idiomas en perigo de extinción.

O gráfico 5 recolle a situación das linguas das tribos importantes que teñen

menos de 1% de falantes na India.

Figura 12: Linguas con <1% de falantes na India (Censo, 2001)

A educación na lingua materna e a fórmula trilingüe (cadro 7) non apoian nada

a difusión destas linguas minoritarias e minorizadas (xeralmente os idiomas das

tribos).

Nivel da educación

Linguas como materia

Primaria Inicial (Graos I – IV)

Lingua materna (lingua rexional ou dominante da zona)

Primaria Superior (Graos V – VIII)

1. Lingua materna (lingua rexional ou dominante da zona) 2. Inglés

Secundaria Básica (Graos IX – X)

3. 1. Lingua materna (lingua rexional ou dominante da zona) 1. 2. Hindi en áreas onde non se fala hindi e unha lingua moderna india (unha das linguas dravídicas importantes) para as zonas onde se fala hindi.

Page 14: A Problemática do Multilingüismo na IndiaPublished in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011. Spain: Editorial Galaxia A PROBLEMÁTICA DO MULTILINGÜISMO

Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.

Spain: Editorial Galaxia

2. 3. Inglés

Secundaria Superior (Graos XI – XII)

Un dos seguintes modelos: Grupo A 1. 1. Lingua materna (lingua rexional ou dominante da zona) 2. 2. Hindi en áreas onde non se fala hindi e unha lingua moderna da india (unha das linguas dravídicas importantes) para as zonas en que se fala hindi. 3. 3. Inglés Grupo B

1. Unha lingua moderna india. 2. Unha lingua estranxeira 3. Unha lingua clásica da India ou estranxeira

Universidade Ningunha lingua obrigatoria

Cadro 7: A Fórmula Trilingüe (Nadkarni, 1977, p.101)

Por tanto, a través deste sistema educativo trilingüe un neno tribal ou falante

dunha lingua minorizada aprende unha primeira lingua na escola que non se

corresponde coa súa lingua materna (lingua de inicial). Consecuentemente, o cambio

de lingua, a diminución gradual da lingua e, finalmente, a extinción da lingua son

procesos inevitables en calquera sociedade da India.

O cadro 8 (P. Sengupta, 2009) mostra a distribución segundo a UNESCO

(2009) das linguas ameazadas na India:

Grao da vitalidade

Non hai

datos

Cero a 5.000

falantes

5.000 a 10.000 falantes

10.000 a 20.000 falantes

20.000 a 50.000

Falantes

50.000 a 100.000 falantes

Máis que 100.000 falantes

Total

Extinta - 9 - - - - - 9 En Situación Crítica

4 22 2 4 2 1 - 35

Seriamente en Perigo

- 6 - - - - - 6

En Perigo 4 19 8 6 6 4 15 62

Vulnerable 3 4 5 3 22 12 35 84

Total 11 60 15 13 30 17 50 196

Page 15: A Problemática do Multilingüismo na IndiaPublished in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011. Spain: Editorial Galaxia A PROBLEMÁTICA DO MULTILINGÜISMO

Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.

Spain: Editorial Galaxia

Cadro 8: Distribución das linguas amenizadas na India3

Esta situación, desde logo, esixe un cambio total na política lingüística verbo de

linguas minoritarias a nivel nacional, xa que se atopan frecuentemente máis de cinco

idiomas en calquera porción da sociedade india. Estes idiomas minoritarios deberían

ser potenciadas na educación, na administración e noutros servizos da sociedade. O

mantemento das linguas minoritarias é esencial para a recuperación da diversidade

lingüística nunha sociedade multilingüe como a India.

Isto pódese facer cambiando o enfoque da «Fórmula Trilingüe», que soamente

fortalece o idioma dominante da sociedade, polo da «Educación Multilingüe a través

da Lingua Materna» (Mother-Tongue-Based Multilingual Education), que

esencialmente incorpora os idiomas tribais ao nivel primario. Nesta dirección, a partir

de 2004 introduciuse a Educación Multilingüe a través da Lingua Materna en Andhra

Pradesh e Orissa, onde habitan respectivamente o 6,59% e o 9,7% da poboación total

dos tribais (Censo, 2001). Nestes estados, a «Educación Multilingüe a través da

Lingua Materna» non só reduciu considerablemente a porcentaxe de abandono dos

estudos e repetición entre os nenos tribais, senón que tamén fixo a educación máis

comprensible e ao mesmo tempo máis relevante para eles. No ano 2007, 200 escolas

de Orissa iniciaron esta política lingüística multilingüe ao nivel de educación infantil cos

nenos de 10 linguas tribais diferentes. En 2008, máis de 16 idiomas engadíronse ao

programa. Doutra banda, en Andhra Pradesh implementouse a Educación Multilingüe

en 220 escolas incorporando 8 idiomas tribais do primeiro ao quinto grao.

Nas sociedades multilingües e multiculturais, as políticas lingüísticas deberían

dar suficiente importancia ao uso das linguas maternas como medio de instrución a

nivel escolar para manter a diversidade lingüística e multiétnica. A «Educación

Multilingüe a través da Lingua Materna», polo tanto, é un argumento a favor das

linguas indíxenas e ao mesmo tempo permite unha transición con soltura desde a

lingua materna á lingua estatal e/ou nacional. Na miña opinión, esta política lingüística

podería ser unha solución para os problemas relacionados co mantemento e

revitalización das linguas minoritarias e minorizadas na sociedade multilingüe da India.

O apoio do goberno, por suposto, é moi importante, mais non ten poder

absoluto para a revitalización das linguas ameazadas. Son as aspiracións socio-

políticas dun grupo étnico as que, por fin, determinan o destino dunha lingua. Por iso,

3 Ibíd.

Page 16: A Problemática do Multilingüismo na IndiaPublished in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011. Spain: Editorial Galaxia A PROBLEMÁTICA DO MULTILINGÜISMO

Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.

Spain: Editorial Galaxia

aínda que a normalización ou planificación lingüística sexa un traballo dos expertos, en

último termo unha lingua ten que ser aceptada polos seus falantes.

Bibliografía

Benedikter, T. 2009: Language Policy and Linguistic Minorities of India. London (UK), Transaction Publishers.

Bhatt, R. M. y Mahboob, A. 2002: «The Minority Languages and their Status». En B. Kachru y S. N. Sridhar (Eds). Languages in South Asia. London, Cambridge

University Press.

Censo da India. 2001: Goberno da India. Na rede: http://www.censusindia.gov.in/ [Consulta 21/03/2010]

Chaklader, S. 1981: Linguistic Minority as a Cohesive Force in Indian Federal Process. New Delhi, Associate Publishing House.

Constitución da República da India/ Bharatiya Ganarajya. Goberno da India. Na

rede: http://india.gov.in/govt/constitutions_india.php [Consulta: 10/03/2010]

Crystal, D. 2000: Language Death. Cambridge, Cambridge University Press.

Fasold, R. 1984: The Sociolinguistics of Society. Oxford, Basil Blackwell.

Fishman, J. 1989: Language and Ethnicity in Minority Sociolinguistic Perspective. Clevedon, Multilingual Matters.

Gobierno da India. 2008: «MLE status report on Andhra Pradesh and Orissa». Centro de recursos na Universidade de Jawaharlal Nehru fundado por UNICEF. Nueva Delhi, India. En liña: http://www.nmrc-jnu.org/nmrc_publications.html [Consulta: 21/03/10]

Harmon, D. 2001: «On the meaning and moral imperative of diversity». En L. Maffi (ed.). On Biocultural Diversity: Linking Language, Knowledge and the

Environment. Washington, D.C., Smithsonian Institution Press. pp. 53-70.

Lewis, M. P. (Ed.). 2009: Ethnologue: Languages of the World. Decimosexta edición. Dallas, Tex., SIL International.

Meling, B. 2007: «In Conversation with… (An Interview with Prof. Anvita Abbi)» Setembro – Outubro.

Nadkarni, M. V. 1977: «Educational Level and Language Choice». En Seminar in

Sociolinguistics (Sen editor). Hyderabad, Telugu Academy.

Phillipson, R. 1992: Linguistic Imperialism. Oxford, Oxford University Press.

Skutnabb-Kangas, T. 2000a: «Linguistic Human Rights and Teachers of English» Capítulo 2 en The Sociopolitics of English Language Teaching. Clevedon, Multilingual Matters.

Page 17: A Problemática do Multilingüismo na IndiaPublished in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011. Spain: Editorial Galaxia A PROBLEMÁTICA DO MULTILINGÜISMO

Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.

Spain: Editorial Galaxia

Skutnabb-Kangas, T. 2000b: Linguistic genocide in education - or worldwide diversity

and human rights? Mahwah, NJ & London (UK), Lawrence Erlbaum Associate.