¿que sabes de…?spain-s3-mhe-prod.s3-website-eu-west-1.amazonaws.com/bcv/...posúe moitos vasos...

20
¿QUE SABES DE…? O noso corpo relaciónase co contorno a través dos sentidos. ¿Lembras cales son? ¿Como se chaman os órganos responsables de cada un deles? ¿Podes explicar a causa do mareo durante unha viaxe? O esqueleto humano ten máis de 200 ósos. ¿Cantos es capaz de nomear? Di se estas frases son verdadeiras ou falsas: — A membrana do ollo sensible á luz chámase coroide. — O oído ten dúas funcións: a audición e o man- temento do equilibrio. — Na pel temos receptores sensibles ao contacto, á presión, á temperatura e á dor. — Existen tres tipos de tecido muscular: liso, ru- goso e cardíaco. APRENDERÁS A… — Explicar o funcionamento dos órganos dos sentidos. — Coñecer as partes do esqueleto e o nome dos ósos que o compoñen. — Comprender cómo actúan os músculos para mover o corpo. — Comprender a causa e saber previr algunhas enfermidades relacionadas cos sentidos, así como certas lesións do aparato locomotor.

Upload: vukiet

Post on 02-Oct-2018

215 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

¿QUE SABES DE…?

• O noso corpo relaciónase co contorno a travésdos sentidos. ¿Lembras cales son? ¿Como sechaman os órganos responsables de cada undeles?

• ¿Podes explicar a causa do mareo durante unhaviaxe?

• O esqueleto humano ten máis de 200 ósos.¿Cantos es capaz de nomear?

• Di se estas frases son verdadeiras ou falsas:— A membrana do ollo sensible á luz chámase

coroide.— O oído ten dúas funcións: a audición e o man-

temento do equilibrio.— Na pel temos receptores sensibles ao contacto,

á presión, á temperatura e á dor.— Existen tres tipos de tecido muscular: liso, ru-

goso e cardíaco.

APRENDERÁS A…

— Explicar o funcionamento dos órganos dossentidos.

— Coñecer as partes do esqueleto e o nome dosósos que o compoñen.

— Comprender cómo actúan os músculos paramover o corpo.

— Comprender a causa e saber previr algunhasenfermidades relacionadas cos sentidos, asícomo certas lesións do aparato locomotor.

6RELACIÓN E COORDINACIÓN:SENSACIÓNS E MOVEMENTO

Todo ser vivo debe relacionarse co ambiente que o rodea e só será capaz de vivir se as condicións do medio llo permiten. Con esta finalidade, todos os animais desenvolveron unhas estruturas moi especializadas a través das cales obteñen unha amplia información sobre o medio no que viven: son os sentidos.O contorno varía e os sentidos reaccionan a esas variacións. Cando o corpo capta información do exterior a través dos órganos dos sentidos, o sistema nervioso responde facendo traballar ao aparato locomotor, entón músculos e ósos produ-cen o movemento.

Non hai nada na nosa intelixencia que non chegase a ela por medio dos sentidos.

Aristóteles (384 a. C.- 322 a. C.)

SENSIBILIDADE «A FLOR DE PEL»A nosa pel é sensible a distintos estímulos, pero non o é por igual,senón que hai unhas zonas máis sensibles que outras. Podemoscomprobalo dun modo sinxelo.

A proba pódese realizar por parellas. Un alumno toca ao outro,repetidamente, na pel coas puntas dun compás. O compañeirodebe adiviñar, sen mirar, se o contacto foi cunha soa punta ou conambas. Debe comezarse co compás moi aberto e ir pechándoopouco a pouco, cada vez. Debemos ter moito coidado para nonpinchar a pel do compañeiro. Sería máis seguro substituír a agullado compás por unha variña de punta redondeada.

Nas zonas máis sensibles percíbese o contacto de cada unha daspuntas aínda que estean moi xuntas. Se se repite a experienciamoitas veces pódese chegar a determinar a apertura mínima docompás coa que se chegan a distinguir as dúas zonas de contacto.Por suposto, a persoa coa cal se experimenta non debe saber conanterioridade se se van utilizar unha ou dúas puntas do compás encada contacto.As zonas do corpo coas que se debe realizar esta proba poden seras mans, os brazos, a cara, as costas, as pernas, etcétera.

• Constrúe unha escala de sensibilidade en función dosresultados, desde as partes máis sensibles ás menos sensibles.

• Compara os resultados cos obtidos polo resto da clase. ¿Soniguais?

124

6 RELACIONÁMOS COS SENTIDOSComo xa sabemos, a función de relación podería representarse segundo o seguinte esquema:

Receptor Integración Efector

Órganos Sistema Glándulas/Músculos

dos sentidos Nervioso Central

O noso organismo posúe distintas estruturas que son sensibles a diferentes estímu-los, grazas ás cales podemos percibir unha amplia variedade deles. Estes recepto-res sensoriais están localizados en diferentes partes do noso corpo e poden captar estímulos luminosos, mecánicos, químicos e cambios de temperatura. As células sensibles adoitan ser neuronas, aínda que nos sentidos do gusto e do oído trátase doutro tipo de células, modifi cadas para realizar a mesma función.

A VISTA

Os órganos relacionados co sentido da vista son os ollos. Cada un está formado por un globo ocular e unhas estruturas anexas que o rodean e protexen.

O ollo, comparado moitas veces cunha cámara fotográfi ca, ten unha estrutura moi complexa, que está especializada en captar a luz emitida ou refl ectida polos obxectos. No seu interior forma unha imaxe e envíaa, en forma de impulsos ner-viosos, ao cerebro.

O globo ocular

Os globos oculares alóxanse no interior das órbitas do cranio. Son aproximadamente esféricos e miden uns 2,5 cm de diámetro. As súas paredes están formadas por tres membranas: esclerótica, coroide e retina.

— Esclerótica. É a máis externa. Trátase dunha capa branquecina e dura que dá forma ao ollo. Acostuma denominarse «o branco dos ollos». A súa parte dianteira, chamada córnea, é transparente e abombada cara a fóra.

— Coroide. É a capa media. Posúe moitos vasos sanguíneos que nutren as células do ollo.

A súa parte anterior chámase iris, e pode ser dunha certa variedade de cores, que dependen da cantidade que posúa dun determinado pigmento. O iris deixa no centro unha abertura circular, a pupila, que se dilata ou se contrae de xeito involuntario, segundo a cantidade de luz que chegue ao ollo.

Entre a coroide e o iris está o corpo ciliar, do que saen uns músculos que se unen ao cristalino, unha lente que enfoca as imaxes na retina.

— Retina. É a capa máis interna. Está formada por neuronas, xa que se trata de tecido nervioso. Relaciónase co cerebro a través do nervio óptico, que sae da parte posterior do globo ocular.

As células especializadas en captar as imaxes (estímulos luminosos) e transfor-malas en impulsos nerviosos son os fotorreceptores. Existen dous tipos: conose bastóns.

— Conos: distinguen as cores da luz, pero requiren unha certa intensidade de ilu-minación para funcionar. Existen tres tipos, e cada un deles percibe unha das tres cores primarias: azul, verde e vermella.

— Bastóns: son os máis abundantes e os responsables de percibir as distintas intensidades de luz (distinguen entre luces e sombras). Funcionan mesmo en baixas condicións de iluminación, pero non distinguen as cores.

11

AA

A1A1

A cortiza sensitiva.Fig. 6.1

Elementos que compoñen o globo ocular.

Fig. 6.2

Movementosbásicos

Movementosde destreza

Comportamentos e emocións

Percepción

Recoñecementovisual

Centro davisión

Equilibrio ecoordinación

muscular

Centro daaudición

Centroda fala

Esclerótica

Retina

Fóvea

Puntocego

Nervioóptico

Coroide

Cristalino

PupilaHumoracuoso

Córnea

Iris

Pestanas

PálpebrasHumorvítreo

125

Os conos e os bastóns relaciónanse coas células nerviosas, cuxos axóns forman o nervio óptico. Na retina existen dúas zonas singulares: o punto cego e a fó-vea.

— O punto cego é o lugar onde os axóns forman o nervio óptico. Esa rexión carece de fotorreceptores, polo que non pode ser estimulada.

— A fóvea ou mancha amarela é unha pequena depresión na que a visibilidade é máxima. Está formada unicamente por conos.

O movemento do ollo está controlado por seis músculos ancorados ao globo ocular.

¿Que hai dentro do globo ocular?

O interior do globo ocular non está baleiro nin cheo de aire. Atópase dividido en dous compartimentos polo cristalino e as fi bras musculares que o rodean: a cámara anterior e a cámara posterior.

— O cristalino funciona como unha verdadeira lente capaz de deformarse para enfocar as imaxes, é dicir, para que vexamos os obxectos con nitidez. Son as fi bras musculares as que o deforman ao contraerse ou relaxarse.

— A cámara anterior, situada entre a córnea e o cristalino, contén unha substancia líquida chamada humor acuoso.

-— A cámara posterior, detrás do cristalino, está ocupada por outro líquido, o hu-mor vítreo.

Ambos líquidos contribúen a manter a forma do globo ocular.

A2A2

De noite non percibimos as

cores dos obxectos.

Fig. 6.3

1 Responde as seguin-tes preguntas:

a) ¿Por que a córnea é trans-parente?

b) ¿Que signifi ca que os va-sos sanguíneos nutren as células do ollo?

c) ¿Que función ten a varia-ción de tamaño da pupi-la?

d) De noite, cando a penas hai luz, podemos percibir as formas dos obxectos e o seu movemento, pero non as súas cores. Segundo is-to, ¿cales serán os fotorre-ceptores responsables da visión nocturna?

Actividades

A retina humana posúe arredor de 130 millóns de bastóns e 7 millóns de conos.

Sabías que...

Actividade resolta

A este gato non lle fi xo ningunha graza atoparse cun can. Podes facer desaparecer a un deles ante teus propios ollos. Tapa o ollo esquerdo coa man e mira fi xamente ao can co ollo dereito. Achega o libro á cara lenta-mente e verás cómo de súpeto o gato desaparece. Se tapas o ollo dereito e miras co esquerdo, entón será o can o que desapareza. ¿Que explicación se pode dar?

A razón destas misteriosas desaparicións está en que, ao achegarnos o libro, a imaxe captada polo ollo desprázase cara ao punto cego. Como nese lugar non hai fotorreceptores, o cerebro non recibe ningún estímulo e, polo tanto, deixa de ver o debuxo correspondente.

Os órganos anexos ao ollo

Os órganos anexos ao ollo son as pálpebras, as pestanas, as glándulas lacrimaise as cellas. A súa función básica é protexer o globo ocular.

— As pálpebras e as pestanas (unhas 200 en cada ollo) evitan a entrada de po.— As glándulas lacrimais, que se abren no lado interno do ollo (o próximo ao nariz),

producen un líquido que humedece e limpa a córnea, o mesmo que se derrama cando choramos.

— As cellas evitan que a suor ou a chuvia caian dentro dos ollos.

¿De que maneira se produce a visión?

A luz entra no ollo pola pupila. A continuación chega ao cristalino, que se acomoda para enfocar a imaxe sobre a retina. Esta imaxe é invertida. Os conos e os bastóns transforman o estímulo lumínico en impulsos nerviosos que chegan ao nervio óp-tico e este envía a información á área da visión da cortiza. O cerebro interpreta os impulsos e constrúe a sensación dunha imaxe real, non invertida.

De cada ollo sae un nervio óptico e ambos crúzanse no seu camiño ao cerebro, de maneira que parte dos impulsos nerviosos xerados polo ollo dun lado chegan ao lado contrario do cerebro. Isto permite que o cerebro integre a información de ambos ollos nunha soa imaxe.

A visión tridimensional conséguese grazas á existencia de dous ollos e a que es-tes estean separados entre si uns cantos centímetros. A imaxe que obtén un ollo é lixeiramente diferente á do outro. A integración de ambas nunha soa produce a sensación de profundidade.

O OLFACTO

O órgano relacionado co olfacto é o nariz. Mediante este sentido pódense detectar numerosas substancias químicas que se atopan no aire.

Para que un obxecto teña olor; por exemplo, unha comida, un perfume, unhas fl ores, ten que desprender moléculas ao aire. As paredes das fosas nasais están recubertas por un

tecido epitelial moi fi no, chamado pituitaria. A maior parte da pituitaria é de cor vermella, debido a que posúe numerosos capilares san-guíneos. A súa función é quentar, humedecer e fi ltrar o aire que entra polo nariz.

A parte superior da pituitaria é de cor amarela e é a zona sensible ás moléculas que ulimos. Está formada por células receptoras do olor, neuronas provistas de pequenos cilios na súa parte superior, que captan o estímulo. Polo seu outro extremo, as neuronas reúnense e forman varios nervios olfactorios que des-embocan no bulbo olfactorio, unha pequena estrutura do cerebro que comunica coa área olfactoria da cortiza.

A3A3

A4A4

BB

126

6As cellas tamén teñen unha fun-ción social: transmitir a quen nos miran mensaxes como un saúdo, sorpresa, anoxo, tristura e outros sentimentos.

Somos capaces de percibir aproximadamente 3 000 olores distintos que son o resultado de combinar sete olores básicos.

Non se coñece a maneira me-diante a cal o olor excita os cilios. Posiblemente a substancia oloro-sa se disolva neles e se produza unha reacción estimulante dos impulsos nerviosos.

2 ¿Cales son os órganos anexos do ollo? ¿Cales son as súas funcións? ¿Poderiamos vivir normalmente se carecesemos deles?

3 Enrola unha folla de papel e mira por ela como se fose un anteollo, pero mantendo os dous ollos abertos. Agora

coloca a man libre, aberta e coa palma cara a ti, xunto á folla. ¿Que ves ao cabo duns segundos? ¿Que explicación pode ter?

4 Explica brevemente o mecanismo polo que percibi-mos os olores.

Actividades

Sabías que...

Na retina proxéctase unha imaxe invertida.

Fig. 6.4

Obxecto

Cristalino

Imaxe

Retina

Sabías que...

Sabías que...

Interior das fosas nasais.Fig. 6.5

Cornetes nasais (recubertos pola

pituitaria vermella)

Nerviosolfactorios

Pituitariaamarela

Bulboolfactivo

Úvula(campaíña)

Lingua

127

O GUSTO

O órgano relacionado co gusto é a lingua, aínda que tamén interveñen outras partes da boca. Ademais, na sensación do sabor intervén o sentido do olfacto, xa que os alimentos tamén desprenden moléculas gasosas, que son

captadas polos receptores olfactivos.

Cando comemos algo, os dentes e a lingua esmiúzano. Ademais, o alimento mes-túrase coa saliva, humedécese e, en parte, disólvese nela. Só así, en estado líqui-do ou disolto, as partículas químicas poden alcanzar os receptores do gusto: as papilas gustativas.

¿Coómo son as papilas?

As papilas son pequenas protuberancias distribuídas pola superfi cie superior da lingua, á que confi ren un aspecto rugoso. Tamén existen no padal, na farinxe e nas amígdalas.

En total posuímos unhas 9 000 papilas, das cales se distinguen varios tipos, segundo o seu aspecto. As principais son as caliciformes, as fungiformes e as fi liformes.

Nos laterais das papilas atópanse as células sensoriais, alongadas e provistas de cilios, os cales son estimulados polas substancias químicas disoltas.

As células sensoriais forman grupos, chamados botóns gustativos, que están en contacto con fi bras nerviosas. As fi bras recollen e transmiten as sensacións ao nervio gustativo. Este nervio leva a información ao centro gustativo do cerebro.

As papilas tamén posúen terminación nerviosas sensibles ás variacións de tempe-ratura, á dor e ao contacto, o que fai da lingua un órgano dotado dunha gran sen-sibilidade.

Existen catro sabores básicos, que percibimos mellor nunhas zonas concretas da lingua que noutras: doce, salgado, acedo e amargo. Aínda que, grazas á interven-ción do olfacto, en realidade percibimos máis sabores que estes catro.

Ao inxerir e mastigar o alimento, o seu olor entra nas fosas nasais. A combinación das sensacións gustativas e olfactivas confi gura a percepción fi nal do sabor na cortiza cerebral.

CC

C1C1A lingua é a principal responsable do sentido do gusto.

Fig. 6.6

Estrutura das papilas caliciformes.Fig. 6.8

Imaxe de papilas. Fig. 6.7

5 Realiza esta pequena experiencia con outra persoa. Corta uns anacos de cebola e méteos nun recipiente. A outra persoa vendarase os ollos e taparase o nariz cos dedos. Introduce a cebola na súa boca e pregunta qué sabor percibe. A resposta adoita ser mazá ou pataca. A

continuación, debe destapar o seu nariz e respirar por el. Entón identifi cará o sabor da cebola. ¿Que conclusión se pode extraer desta experiencia? ¿En que situación, rela-cionada cunha afección física, nos ocorre exactamente o mesmo?

Actividades

As papilas caliciformes, fungi-formes e fi liformes reciben estes nomes porque as súas formas re-cordan as dunha copa, un cogu-melo e un fío, respectivamente.

Sabías que...

Fosa

Botón gustativo

Células sensoriais ciliadas

128

O OÍDO

O órgano do oído intervén en dous procesos: a audición e o mantemento do equilibrio.

Pódese considerar dividido en tres partes: oído externo, oído medio e oído interno. Os dous últimos alóxanse no interior do óso temporal do cranio.

• Oído externo. Está formado polo pavillón auditivo e o conduto auditivo externo:

— O pavillón auditivo, que chamamos orella, está dotado dun tecido carti-laxinoso, que lle dá a forma estendida para recoller as ondas sonoras. A súa parte inferior, o lóbulo, carece de cartilaxe.

— O conduto auditivo externo. Mide uns 2,5 cm de longo e conduce as ondas sonoras ao tímpano. No seu interior posúe pelos e glándulas produtoras de cera, que protexen o resto do oído da entrada de partículas estrañas, micro-organismos ou pequenos animais.

• Oído medio. Nel está o tímpano, a cadea de pequenos ósos e a ventá oval:

— O tímpano é unha membrana de forma parabólica que vibra ao recibir as ondas sonoras.

— A cadea de osiños constitúena tres pequenos ósos, chamados martelo, bi-gornia e estribo, que transmiten a vibración do tímpano cara ao oído inter-no.

— A ventá oval é unha pequena membrana unida ao estribo que comunica co oído interno.

Do oído medio ábrese un conduto, chamado trompa de Eustaquio, que remata na farinxe. Isto permite igualar a presión a un ou outro lado do tímpano, e evita que este poida romper cando se produce un ruído moi intenso.

• Oído interno. Chámaselle tamén labirinto pola súa gran complexidade. Nel identifícanse tres estruturas: o caracol, o vestíbulo e as canles semicirculares. Todos eles conteñen células sensoriais responsables das distintas funcións do oído. Trátase de células ciliadas que están en contacto con neuronas.

— O caracol ou cóclea é un tubo enrolado en espiral como a cuncha dun caracol. No seu interior está dividido ao longo en tres cámaras cheas dun líquido que conduce o son. Na cámara intermedia atópase o órgano de Corti, unha estrutura que contén as celulas ciliadas sensibles ás ondas so-noras. As ondas moven os cilios, e isto xera impulsos nerviosos que chegan ao nervio auditivo. Este envíaos á área auditiva do cerebro, situada na súa zona temporal.

DD

A maioría dos animais moven as orellas para captar mellor o son. Fano grazas a pequenos múscu-los que no ser humano a penas están desenvolvidos.

Interior da cóclea co órgano de Coti.

Fig. 6.10

Estrutura do oído.Fig. 6.9

Sabías que...

Condutovestibular

Órganode Corti

Condutomediano

Célulasciliadas

Condutotimpático

Nervioclocear

Pavillón auditivo

Condutoauditivoexterno

TímpanoOído

medioEstribo Ventá

ovalCóclea

Nervioauditivo

Vestíbulo

Condutossemicirculares

Bigornia

Martelo

Trompa de Eustaquio

6

129

— O vestíbulo encóntrase a continuación do caracol. Está formado por dúas cavidades en forma de saco, o utrículo e o sáculo. Ambos informan da posi-ción da cabeza en relación co solo. Sobre os cilios das súas células sensoriais atópanse uns pequenos cristais de carbonato cálcico, chamados otolitos. Cando movemos a cabeza, estes desprázanse debido á gravidade, de xeito que as células xeran impulsos nerviosos que, neste caso, chegan ao cerebelo,o que nos permite manter o equilibrio a pesar de que realicemos despraza-mentos, xiros ou aceleracións.

— As canles semicirculares son tres tubos curvados, dispostos nas tres direccións do espazo, que se atopan na parte fi nal do oído interno, e cuxo interior está ocu-pado por un líquido. Nun dos seus extremos, cada un contén as células ciliadas. Se a cabeza fai algún movemento de rotación, o líquido desprázase dentro destas canles e move os cilios. Isto provoca a xeración de impulsos nerviosos, que son enviados ao cerebelo, o órgano encargado de proporcionar unha sensación de movemento en tres dimensións.

¿Como é o mecanismo da audición?

O son transmítese mediante ondas sonoras. O pavillón auditivo recólleas e pasan polo conduto auditivo externo. Ao chegar ao tímpano, fano vibrar. A vibración é amplifi cada pola cadea de pequenos ósos; despois, atravesa a ventá oval e chega ao caracol. Alí move os cilios das células sensoriais, o que provoca a xeración dun impulso nervioso, que é transmitido polo nervio auditivo á área auditiva cerebral.

Disposición das canles semicirculares.

Fig. 6.11

¿Por que nos mareamos cando damos voltas?

Fig. 6.12

Actividade resolta

¿Por que a cóclea esta enrolada en espiral?

A cóclea é un órgano longo que, ao adoptar a forma espiral, ocupa moita menos espazo no cranio. A súa gran lonxitude permite percibir unha ampla gama de sons. Os tons agudos son captados ao comezo do caracol. Nos seguintes tramos recíbense tons progresivamente máis graves, ata o extremo fi nal (a punta do caracol), que recolle os sons moi graves.

Actividade resolta

¿Sabes por que nos mareamos cando damos varias voltas como unha buxai-na? ¿Que relación ten isto con sentido do oído?

Cando estamos xirando, o líquido das canles semicirculares móvese no seu interior, desprazando os cilios das células sensibles no mesmo sentido. Isto informa do noso movemento ao cerebelo. Ao deixar de xirar, o líquido non para de súpeto, senón que segue movéndose e, polo tanto, o cerebelo segue recibindo a infor-mación de que nos movemos. Este contraste entre o que percibe o cerebelo e a realidade provoca a sensación de mareo.

6 Completa este esquema das partes do oído e as súas funcións:

7 Explica por que nos mareamos cando viaxamos en coche. ¿Cal é a estrutura implicada no mareo?

Actividades

Oído

Externo

Pavillón auditivoCadea de pe-

quenos ósos

Interno

Cóclea

Sáculo

Funcións

130

6 A PEL E O TACTO

A pel é unha membrana que nos separa do medio externo pero, ao mesmo tempo, permítenos relacionarnos con el, xa que posúe unha gran cantidade de receptores táctiles.

Está constituída por dúas capas de tecido: a epiderme, que é a máis ex-terna, e a derme, a máis interna.

Na epiderme medra o pelo, en diminutas fosas con forma de tubo, cha-madas folículos pilosos. Cada pelo encréspase por medio da contracción dun pequeno músculo unido ao folículo. Nas súas paredes orixínanse as glándulas sebáceas, produtoras da graxa que impermeabiliza o pelo e lubrica a superfi cie da pel.

As unllas son unha modifi cación das células da pel e a súa función é pro-texer o extremo dos dedos. Están compostas dunha proteína chamada queratina, que se encontra tamén no pelo.

Á derme chegan vasos sanguíneos encargados de nutrir a pel. Nela ató-panse os receptores do tacto. Na pel tamén están situadas as glándulas sudoríparas.

O órgano asociado ao sentido do tacto é a pel. Non está localizado nun lugar concreto, senón distribuído por toda a súa superfi cie, incluídos os beizos e a cavi-dade bucal. Na pel existen estruturas receptoras, que permiten percibir distintas

sensacións: contacto, presión, dor, frío e calor.

Pódense distinguir dous tipos de receptores táctiles:

• Terminacións nerviosas libres. Son terminacións de nervios que se ramifi can na derme e na epiderme. Transmiten sensacións de tacto e dor. Algunhas únense aos folículos pilosos e son sensibles ao movemento do pelo.

• Corpúsculos táctiles. Son terminacións nerviosas, pero rodeadas por distintas envolturas (cápsulas) que lles proporcionan aspectos diferentes. Os seus nomes proceden de científi cos que os estudaron:

— Corpúsculos de Krause. Constituídos por unha cápsula en forma de bulbo. No seu interior hai unha terminación nerviosa moi ramifi cada. Son sensibles ao frío.

— Corpúsculos de Pacini. Con forma ovoide, trátase dunha terminación nerviosa non ramifi cada pechada nunha cápsula, formada por moitas capas de células aplanadas. Responden aos cambios de presión.

— Corpúsculos de Ruffi ni. A terminación nerviosa está moi ramifi cada e rodéaa unha cápsula delgada. Son sensibles á calor.

— Corpúsculos de Meissner. Formados por unha cápsula de células planas entre as cales se ramifi can varias teminacións nerviosas. Son sensibles ao tacto.

Os nervios aos que pertencen as terminacións nerviosas chegan, a través da medula espiñal, ata a cortiza cerebral.

As terminacións nerviosas están distribuídas de maneira desigual pola pel. Nal-gunhas zonas son moi abundantes, como nas mans, ás que confi ren unha gran sensibilidade.

EE

Imaxe da pel a través do microscopio electrónico.

Fig. 6.14

Os receptores da pel captan diver-sos estímulos.

Fig. 6.15

8 Imaxina que estás tomando o sol un día de verán. Indica qué recepto-res son responsables das seguintes sensacións:

— Un amigo aplícache crema solar nas costas.

— Estás tumbado sobre unha toalla e alguén che tira un balón incha-ble sobre as pernas.

— Levas un bo anaco ao sol e notas demasiada calor nas costas.

— Dáste un baño para refrescarte.— Ao ir correndo, golpéaste o pé

contra unha pedra.— Tomas un xeado e sentes o frío na

boca..

Actividades

A pel é un tecido moi complexo.Fig. 6.13

Pelo

Epiderme

Derme

Folículopiloso

Corpúsculode Ruffi ni

Glándulasudorípara

Corpúsculode Pacini

Glándulasebácea

Corpúsculode Meissner

Terminaciónnerviosa

libre

Músculoerectordo pelo

131

AS ENFERMIDADES MÁIS FRECUENTES RELACIONADAS COS SENTIDOSRelacionadas cos sentidos, existen varias enfermidades moi frecuentes. Son moicoñecidos os seguintes problemas de visión:

— Miopía. É a incapacidade para ver con nitidez os obxectos afastados. Débese a queo cristalino non se relaxa (non se estira) o suficiente ou ben a que o globo ocularé demasiado alongado, de forma que a imaxe se enfoca por diante da retina.

— Hipermetropía. Trátase da situación contraria, na que o cristalino está demasia-do estirado e non é capaz de contraerse ou ben o globo ocular é máis curto donormal, polo que a imaxe se enfoca por detrás da retina. O resultado é que nonse enfocan ben os obxectos próximos.

— Daltonismo.Tamén se chama cegueira para as cores. Débese á falta dun dostres tipos de conos, xeralmente os responsables da verde ou os da vermella. Aspersoas que a padecen non distinguen estas cores.

A otite é unha enfermidade dos oídos. Trátase dunha inflamación da parteexterna ou media do oído, normalmente causada por unha infección bacteriana.

Produce unha forte dor de oídos e cúrase con antibióticos.

A enfermidade máis común relacionada co olfacto é a sinusite, consistentenunha inflamación dos seos nasais, causada por unha infección. Produce dor de

cabeza, febre, obstrución nasal e diminución do sentido do olfacto. Débese tratarcon antibióticos se a infección é bacteriana.

Hábitos saudables

Moitas anomalías que afectan aos sentidos teñen unha orixe xenética e, polo tanto,heredable de pais a fillos, como por exemplo o daltonismo.

Sen embargo, uns hábitos adecuados evitarán, ou reducirán, alomenos, a aparicióne gravidade de moitas delas.

O coidado da vista pasa por ler nunhas condiciónsaxeitadas de luminosidade e manter unha separaciónsuficiente entre os ollos e o texto.

A limpeza dos oídos prevén a aparición de infeccións,pero non debemos introducir ningún obxecto no seuinterior para limpalos, nin sequera os bastonciños dealgodón, pois poderiamos danar a delicada membranado tímpano.

Os lugares de traballo ou de diversión moi ruidosos,como as discotecas, poden conducir a unha diminu-ción da sensibilidade acústica ou, mesmo, á xordeira.

A ducha con xabóns neutros mantén a pel sana, contri-búe a evitar infeccións e facilita a transpiración.

22

Os mosaicos de cores coma este serven para diagnosticar o daltonismo, pois quen o padecen non poden ver o número debuxado neles.

Fig. 6.17

Proxección da imaxe invertida en caso de miopía e hipermetropía.

Fig. 6.16

O daltonismo foi descuberto polo químico inglés John Dalton. El mesmo padecíao.

9 ¿Que defecto ten na vista unha persoa daltónica? ¿Cres que pode di-ficultar a súa vida diaria?

10 Ademais das citadas enfermida-des da vista existen outras, tamén

frecuentes, como o astigmatismo, a presbicia ou as cataratas. Busca infor-mación sobre elas nas enciclopedias ou en Internet e elabora un informe.

Actividades

Inflamación do oído por unha otite. Fig. 6.19

As condicións adecuadas para

a lectura son importantes.

Fig. 6.18

Sabías que...

Miopía

Hipermetropía

132

6 ÓSOS E MÚSCULOS SON ÓRGANOS PARA O MOVEMENTO Os receptores sensoriais captan información e transmítena ao sistema nervioso. Tras ser procesada, elabórase unha resposta, que será emitida polos órganos efectores.

— Se a resposta é secretora é levada a cabo polo sistema endócrino.— Se a resposta é motora actuará o aparato locomotor.

O aparato locomotor está formado polos ósos e os músculos e a súa función prin-cipal é o movemento.

OS ÓSOS

Os ósos son estruturas ríxidas formadas polo tecido óseo, cuxas células se rodean de substancias minerais: carbonato cálcico e fosfato cálcico. O conxunto

de todos os ósos conforma o esqueleto.

Funcións do esqueleto

Os ósos son o elemento pasivo do movemento. Os músculos, ao contraerse e esten-derse, executan o movemento ao tirar dos ósos. Pero o esqueleto tamén ten outras funcións.

— Dá forma ao corpo e sosteno.— Rodea e protexe órganos vitais, como o cerebro, o corazón e os pulmóns.— Almacena minerais no seu interior, como o calcio, que pode ceder ao sangue se

o corpo o necesita.— Contén a medula ósea vermella, un tecido brando que produce células sanguíneas.

Tipos de ósos

Non todos os ósos son iguais. Pódense clasificar en tres grupos:

— Ósos longos: teñen forma cilíndrica e son os que forman as extremidades.— Ósos curtos: son pequenos, como as vértebras, os ósos do pulso e os do

nocello.— Ósos planos: teñen forma de lámina, como os omoplatas e os que forman o

cranio e a cadeira.

Formación do óso

Os ósos comezan a formarse durante o desenvolvemento do embrión. Inicialmente son pezas de tecido conxuntivo que, máis tarde, se transforman en tecido cartilaxi-noso. Finalmente, a cartilaxe é substituída gradualmente por tecido óseo.

Despois do nacemento, os ósos van medrando en lonxitude e en anchura e, pouco a pouco, endurecen pola acumulación de sales minerais. Cara aos vinte anos, os nosos ósos deixan de medrar por estar xa totalmente endurecidos. Sen embargo, seguen sendo un tecido vivo e remodélanse continuamente, en función do peso que deben soportar e do exercicio físico que se realice.

33

AA

A1A1

A2A2

A3A3

Aspecto dos ósos longos, curtos e planos.

Fig. 6.20

Actividade resolta

¿Unha persoa menor de idade necesita tomar moito calcio? ¿Por que? ¿Que alimentos teñen moito calcio?

Durante toda a etapa de crecemento, o corpo demanda unha cantidade importan-te de calcio para o endurecementos dos ósos a medida que estes crecen. Ademais, o calcio tampouco debe faltar no sangue.

Alimentos ricos en calcio son o leite e os derivados lácteos. Tamén as sardiñas en aceite e, entre os vexetais, as acelgas e os garavanzos.

133

¿Como son os ósos?

Cada óso está formado por dous tipos de tecido:

• Un tecido externo, moi duro, chamado tecido óseo compacto.

• Un tecido interno, igual de duro, pero con moitas cavidades, que é o tecido óseo esponxoso. Os ocos do tecido esponxoso están ocupados pola medula ósea vermella, que é a produtora de células do sangue, principalmente, os eritrocitos.

Os ósos longos carecen de tecido esponxoso na súa parte media, que é oca, e contén a medula ósea amarela, un tipo de tecido graxo.

As partes do esqueleto

O esqueleto humano consta de dúas partes: o esqueleto axial e o apendicular.

• Esqueleto axial. Forma o eixe central do corpo. Constitúeno os ósos da cabeza e os do tronco.

— Ósos da cabeza: son os que forman o cranio (nove ósos) e a cara (catorce ósos).

— Ósos do tronco: formado pola columna vertebral (24 vértebras, o sacro e o cóccix) e a caixa torácica. Esta última fórmana as costelas (doce pares) e o esterno.

— Esqueleto apendicular. Está formado po-las extremidades superiores e inferiores, que seguen un mesmo esquema, aínda que presentan algunha diferenza, e os ósos que as unen ao tronco, as cales constitúen as cinturas.

• Extremidades superiores:

— Cintura escapular. Consta de dous ósos: clavícula e omoplata.

— Úmero. É o único óso do brazo.— Cúbito e radio. Ambos forman o antebra-

zo.— Carpo ou pulso. Está formado por oito

ósos aliñados en dúas filas.— Metacarpo. Son cinco ósos que forman a

palma da man.— Falanxes ou ósos dos dedos. Son tres, sal-

vo no polgar que só son dúas.

• Extremidades inferiores:

— Cintura pelviana. Constituída polo coxal, que forma a cadeira. En realidade, trátase de tres ósos soldados entre si: ilio, isquion e pube.

— Fémur. É o único óso das coxas e o óso máis longo do corpo.

— Rótula. É un óso redondeado que forma o xeonllo.

— Tibia e peroné. Son os ósos que forman a perna.

— Tarso. Son sete ósos que forman o talón.— Metatarso. Son os cinco ósos da planta

do pé.— Falanxes. Son tres e o polgar ten dúas.

A4A4

A5A5

Estrutura dun óso longo. Fig. 6.21

Medulaósea vermella

Cavidademedular

Ósocompacto

Medulaamarela

O esqueleto humano. Fig. 6.22

Manfalanxes

metacarpocarpo

Brazocúbito

radioúmero

Cintura escapularclavícula

omoplata

Caixa torácicaesternocostelas

Cintura Pelvianailio

isquionpube

Coxasfémurrótula

Pernatibia

peroné

Pétarso

metatarsofalanxes

Cranioh. parietalh. frontalh. occipitalh. temporalh. nasal

maxilarmandíbula

Vértebrascervicais

Vértebrastorácicas

Vértebraslumbares

Sacro

Cóccix

Columnavertebral

134

6

As articulacións

As articulacións son as zonas onde se unen uns ósos con outros. Existen tres tipos:móbiles, semimóbiles e fixas.

— Móbiles: permiten amplos movementos entre os ósos que as forman. Son, porexemplo, as do xeonllo, o pulso, a cadeira e o ombro.

— Semimóbiles: permiten movementos moi limitados, como as que presentan asvértebras entre si.

— Fixas: non permiten movemento ningún entre os ósos, como ocorre cos queforman o cranio.

Nas articulacións móbiles e semimóbiles existen os ligamentos, unhas fibras de te-cido conxuntivo non elástico que manteñen unidos os ósos e evitan que saian doseu sitio na articulación.

A6A6

Os ósos do cranio.Fig. 6.23

O noso esqueleto ten unhas cen articulacións.

11 Cando somos anciáns, os nosos ósos vólvense fráxiles e poden romper cunha simple caída. ¿Cal é a causa desta fraxilidade?

12 ¿Que partes podemos apreciar nun óso? ¿Que outro elemento podemos encontrar nun óso longo?

13 ¿A que ósos se refiren as seguintes frases?:

Actividades

Sabías que...

a. É o único óso móbil da cabeza f. Forman un eixe que percorre todo o tronco.

b. Os dous forman o antebrazo. g. O polgar só ten dúas.

c. Ten forma de garabata. h. Temos doce pares.

d. É o óso máis redondo do corpo. i. Son dous e forman a bóveda do cranio.

e. Son oito e sete. l. Atópase no ombro e é de forma triangular.

Os tres tipos de articulacións.Fig. 6.24

Articulaciónsfixas

Ósosdo cranio

Articulaciónsemimóbil

Vértebras

Articulaciónmóbil

Fémur Pelve

Bordesupraorbitorio

Esfenoide

Orificioinfraorbitario

Orificiodo queixo

FrontalParietal

Temporal

Nasal

Lacrimal

Maxilarsuperior

Maxilarinferior

Protuberanciamentoniana

Arcocigomático

Orificioauditivo

Occipital

ParietalSuturas

135

OS MÚSCULOS

Os músculos son a parte activa do movemento. O tecido muscularestá formado polas fibras musculares, agrupadas en feixes. A súa

actividade está controlada polo sistema nervioso, o cal envía ordes enforma de impulsos nerviosos que provocan a contracción das fibras

musculares.

Os músculos non só se ocupan do desprazamento. Ademais, moven asdistintas partes do corpo e os órganos internos e tamén se encargan domantemento das posturas que adoptamos en cada momento.

Tipos de músculos

O tecido muscular especializouse en tres funcións diferentes, de modoque existen músculos de distintos aspectos e características, adaptadasá función que realicen. Así distínguense tres tipos: liso, esquelético ecardíaco.

• Liso. Contráese de forma lenta e involuntaria, o que significa quenon somos conscientes do seu funcionamento, xa que é estimuladopolo sistema nervioso autónomo. Reacciona lentamente aos estí-mulos, pero pode manterse contraído durante períodos de tempolongos. Recobre os órganos do aparato dixestivo, desde o esófagoata o ano, e a súa contracción fai avanzar os alimentos. Tamén seatopa nos aparatos respiratorio, urinario, reprodutor e rodeando osvasos sanguíneos.

• Esquelético. A súa contracción é rápida e voluntaria, controladapolo sistema nervioso central. O seu nome débese a que a maioríaestán unidos aos ósos para proporcionar o movemento do corpo.Para desempeñar ben dita función, este tipo de músculos pode contraerse encentésimas de segundo e desenvolver moita potencia, pero durante poucotempo.

Os músculos esqueléticos poden ser de tres formas distintas:

— Fusiformes: en forma de fuso, como o bíceps ou os xemelgos. — Planos: en forma de lámina, como o pectoral ou o trapecio. — Circulares: en forma de círculo, como o orbicular do ollo ou o dos beizos.

• Cardíaco. É de contracción rápida e involuntaria. Forma o músculo do corazón,chamado miocardio. As súas células contráense de forma rítmica, de modo quepermiten que o corazón se contraia durante toda a vida sen fatigarse.

¿Como se produce o movemento?

Os músculos encargados de mover os ósos non se unen a eles directamente. Os seusextremos son delgados e terminan nun tendón, un tecido conectivo duro unidofortemente ao óso.

Os movementos das extremidades están controlados por pares de músculos chamadosantagónicos: un músculo contráese ao tempo que o outro se relaxa. Por exemplo,para flexionar o brazo traballan dous músculos antagónicos: o bíceps, situado na partesuperior do brazo, e o tríceps, na parte inferior.

Xa que traballan ás ordes do sistema nervioso, a cada músculo chegan un ou variosnervios, que posúen numerosas terminacións motoras e sensitivas.

Tamén están percorridos por vasos e capilares sanguíneos que achegan alimentose osíxeno que os músculos necesitan debido á súa grande actividade física e, natu-ralmente, tamén se encargan de eliminar os seus residuos.

BB

B1B1

B2B2

Temos máis de 600 músculos es-queléticos distribuídos por todo o corpo e forman o que vulgar-mente se chama carne.

Sabías que...

Os tres aspectos posibles dos músculos esqueléticos.

Fig. 6.26

Fusiforme

Plano

Circular

Tipos de músculos vistos ao mi-croscopio: liso (a), esquelético (b) e cardíaco (c).

Fig. 6.25

a)

b)

c)

136

6

Os principais músculos do corpo.Fig. 6.27

14 ¿Cales son os tres tipos de músculos? Indica as carac-terísticas que os distinguen e di en qué partes do corpo se localizan.

15 Explica cómo traballarán o bíceps e o tríceps para flexionar e estender o brazo, tendo en conta que son dous músculos antagónicos.

16 ¿De que tipo será a musculatura que regula a aper-tura do iris do ollo en función da cantidade de luz.

Actividades

Frontal

Orbicular dos beizos

Esternocleidomastoideo

Trapecio

Deltoide

Pectoral maior

Bíceps

Tríceps

Serrato anterior

Oblicuo externodo abdome

Recto doabdome

Extensoresdos dedos

Glúteo maior

Sartorio

Bíceps femoral

Recto femoral

Tibial anterior

Orbicular do xemelgo

Tendón do xemelgo

Sollar

Tensores e extensoresdos dedos

137

ALGUNHAS LESIÓNS DO APARATOLOCOMOTORAs lesións do aparato locomotor prodúcense xeralmente a causa dalgún golpe violentoou dun sobreesforzo. Tan comentadas son as lesións dos deportistas que parece quesó eles as padezan, pero en realidade calquera persoa pode sufrir algunha ao longo dasúa vida. Todas elas resultan moi dolorosas. As máis habituais son as escordaduras, as luxacións, as fracturas e as esgazaduras musculares.

• A escordadura ocorre cando se forza en exceso un dos ligamentos articulares. Aszonas máis propensas son nocellos, xeonllos e pulsos, así como as articulaciónsdos polgares de mans e pés.

Esta lesión produce pel hinchada e morada. Non impide a mobilidade da articu-lación, aínda que a dor a dificulta. O tratamento consiste no repouso absoluto.

• A luxación é a saída dun óso da súa posición na articulación a causa dun mo-vemento brusco ou un golpe violento. Tamén produce inchazón, pero non haimobilidade.

O óso desprazado queda nunha posición anormal, polo que se observa unhadeformidade na zona afectada. O médico debe devolver o óso á súa posición edespois inmobilizar a articulación.

• A fractura consiste na ruptura dun óso despois de sufrir un golpe ou unha caídaviolentos, aínda que en persoas maiores pode ocorrer en accidentes menores,xa que os seus ósos son máis fráxiles pola perda de calcio. Son frecuentes candose realiza unha actividade deportiva intensa sen un adestramento previo.

A fractura, impide o movemento da articulación. Debe enxesarse a zona afec-tada para que o óso roto solde de novo. En ocasións, o óso roto atravesa a pele tamén se produce unha ferida con hemorraxia se houbo perforación dalgúnvaso sanguíneo.

• Unha esgazadura muscular é a ruptura das fibras dun músculo ou, mesmo, dunmúsculo enteiro. Adoita producirse ao levantar un obxecto pesado ou ao facer traba-llar demasiado un músculo. Debe aplicarse un relaxante muscular e gardar repouso.

¿PODEMOS PREVIR ESTAS LESIÓNS?

A miúdo, as lesións prodúcense de forma accidental, polo que non podemos previlas.Pero na práctica deportiva si é posible cun bo quentamento antes de comezar aactividade. En deportes coma as artes marciais, o principiante debe saber que de-terminados exercicios requiren unha aprendizaxe previa. Cando isto non é tido enconta, as lesións son habituais.

Tamén é fundamental manter uns hábitos saudables, como por exemplo:

— Evitar o sobrepeso e seguir unha dieta equilibrada, que inclúa a cantidade ne-cesaria de calcio (entre 800 e 1 500 mg, segundo a idade) e de vitamina D.

— Adoptar posturas que non sobrecarguen a columna vertebral ou as extremidades.— Facer exercicio físico moderado para estimular o proceso de construción do óso

e fortalecer os músculos ao mesmo tempo.— Non consumir alcol, tabaco nin ningún outro tipo de drogas.

44

AA

Radiografía dunha fractura. Fig. 6.28

Unha postura non axeitada ao estar sentado provoca lesións da columna vertebral.

Fig. 6.29

17 A hernia discal é unha lesión da columna vertebral. Pescuda en qué consiste, de qué xeito se adoita pro-ducir e cómo previla.

18 Indica qué hábitos da túa vida diaria poden ser prexudiciais para o correcto desenvolvemento de teus ósos e teus músculos.

Actividades

138

6

138

ACTIVIDADES FINAIS6Para repasar

1 A relación co medio que nos rodea realízase a través dos sentidos. ¿Cales son os órganos encargados de cada un? ¿Que estrutura do sistema nervioso central interpreta a información recibida e elabora as respostas? En cambio, o encargado do equilibrio é o cerebelo, ¿que diferenza supón isto? ¿Cales son as partes do corpo que executan as respostas?

2 ¿Que problema de visión terán as persoas que ven por un só ollo?

3 Completa as frases seguintes:

— Un tabique divide a cavidade nasal en dous .— As súas paredes están recubertas pola ,

un tecido de tipo formado por .— Unha parte deste tecido é de cor vermella é a súa función é

, e o aire que respiramos.— A outra parte do tecido ten cor e posúe

, provistas de cilios que captan os olorosos.

4 ¿En que órgano se atopan as canles semicirculares? ¿Como están colocadas? ¿Que fi nalidade ten esta dispo-sición?

5 Escribe o camiño que o son realiza desde a orella ata a formación do impulso nervioso e a chegada deste ao cerebro.

6 Realiza unha táboa cos tipos de receptores táctiles e os tipos de estímulos aos que responden.

7 Os médicos recomendan ás mulleres embarazadas que tomen maior cantidade de calcio, xa sexa na dieta ou, se é necesario, mediante algún medicamento. Razoa o motivo.

8 Fai un esquema dos ósos do esqueleto e indica o número de ósos en cada unha das súas partes. Suma des-pois o total de ósos. Se o fi xeches ben, faltaranche uns cantos para chegar aos 206 que posuímos. ¿Cales non incluímos? Unha pista: eses ósos que faltan pertencen a un dos órganos dos sentidos.

9 ¿Que son as articulacións? Nomea cada tipo e explica cada un deles cun exemplo.

Para aplicar

10 Compara o ollo humano cunha cámara de fotos e in-dica as partes que equivalen aos seguintes elementos e a función que desempeñan no ollo: tapa do obxectivo, diafragma, lentes, película sensible (negativo).

11 No sentido do gusto, ¿signifi ca o mesmo os termos «papila gustativa», «células sensoriais» e «botón gusta-tivo»? Explícao.

12 Copia os debuxos do cranio e escribe o nome dos ósos e estruturas sinalados.

13 Como aprendiches, as extremidades superiores e as inferiores seguen un mesmo modelo, pero con lixeiras diferenzas. Indica cáles son. ¿Onde temos máis ósos, na extremidade superior ou na inferior?

14 ¿Como se chaman os músculos sinalados no debuxo?

O ollo parécese a unha cámara fotográfi ca.Fig. 6.30

Ósos do cranio.Fig. 6.31

Músculos do corpo humano.Fig. 6.32

15 ¿Que tipo de músculo controla o movemento de cada unha das seguintes partes do corpo?a) estómago, b) dedos, c) corazón.¿Como é a contracción en cada un dos casos?

16 A partir dos síntomas presentados, ¿podes recoñecer que enfermidade ten cada un dos seguintes pacientes que visitaron un centro de saúde?

a) Estudante de 15 anos que non ve ben o escrito no ence-rado da súa aula.

b) Home de 40 anos que se queixa de dor de oídos e presenta infl amación do oído.

c) Muller de 22 anos con dor de cabeza e que non pode res-pirar polo nariz.

d) Home de 73 anos que rompeu unha perna ao esvarar na bañeira.

e) Muller nova que non distingue ben as cores.

Para ampliar

17 Consigue dous ovos, un cru e outro cocido. ¿Sabes como distinguir un de outro sen os abrir? Fainos xirar sobre unha mesa. Mentres dan voltas, tócaos para face-los parar e inmediatamente sóltaos. ¿O comportamento de ambos é o mesmo? ¿Podes explicar o motivo? ¿Con cal dos sentidos podemos relacionar o movemento do ovo cru?

18 ¿É certo que cada un dos catro sabores básicos se percibe mellor nunha zona concreta da lingua?

Podemos realizar unha proba de sabor para intentar comprobalo. Para conseguir os catro sabores, prepáran-se unha disolución de azucre, outra de sal (ambas ao 5 %, por exemplo, 1 g de sal ou azucre por cada 20 g de auga), zume de limón e infusión de café. As persoas que vaian identifi car os sabores terán os ollos pechados ou venda-dos. Cada vez que fagan unha proba, deberán enxaugar a boca e, despois, secar a lingua con papel. Cun contago-tas, colócase unha gota dunha das mostras na punta da lingua, despois nos lados, no centro e na parte posterior. Anótase en qué parte se aprecia mellor o sabor. Procéde-se do mesmo xeito coas outras tres mostras.Realiza un informe cos resultados obtidos e represéntaos sobre un debuxo da lingua.

19 Algunhas persoas cren que os homes teñen unha costela menos que as mulleres. ¿É iso certo? ¿De onde procede esta crenza?

Proba de sabor.Fig. 6.33

139

¿Como sería un óso sen os sales minerais?

Vimos que os ósos están formados por un tecido óseo impreg-nado de sales de calcio que lles confi ren unha gran dureza e rixidez. Esta experiencia permítenos extraer os sales ao óso sen que este se desfaga.Introdúcese o óso dunha pata de polo nunha probeta e vértese vinagre ata que o cubra totalmente. Déixase actuar o vinagre durante uns días e retírase o óso cunhas pinzas, colocándoo sobre un papel de fi ltro.

Agora, responde as seguintes cuestións:

— Se o óso antes era duro e ríxido, ¿como dirías que é agora?— ¿Que ocorreu cos sales de calcio?— ¿Que substancia contén o vinagre capaz de facer iso?-— ¿Libérase algún gas durante o proceso?— ¿Lembras ter estudado esta reacción química nalgunha unidade

anterior?

Pon en práctica

Fig. 6.34

Material:

— Óso dunha pata de polo, previamente cociñada e sen a carne.— Probeta de 100 cm3.— Vinagre.— Pinzas.— Papel de fi ltro.

140140

1

140

INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA6¿PARA QUE SERVE A DOR?Quizais algunha vez te preguntaches por qué sentimos dor ou se a dor ten algunha utilidade. Cando, por exemplo, nos damos un golpe ou nos facemos unha ferida, a dor fai acto de presenza. Trátase dunha sensación moi desagradable que desexamos que remate moi axiña e que non parece benefi ciarnos en absoluto.

Seguramente non só o ser humano é capaz de sentir dor, aínda que resulta difícil comprobalo. Os estudos anatómicos realizados en todo tipo de animais, demostrou que posúen estruturas capaces de percibir estímulos nocivos e efectores para responder a ditos estímulos.

Sen embargo, parece evidente que os vexetais carecen desta sensación, xa que non se puido encontrar neles ningunha estrutura que poida realizar a función dos receptores ou do sistema nervioso.

Na nosa especie, o desenvolvemento da cortiza cerebral fai da dor unha sensación complexa na que están implicadas emocións e condutas aprendidas culturalmente. O noso corpo é capaz de producir substancias contra a dor, semellantes á morfi na, por exemplo, pero resulta moi chamativo que este tipo de substancias son producidas tamén por todos os animais.

Así mesmo podemos comprobar que as nosas mostras de dor, como o intento de liberarse daquilo que ocasiona o dano, os lamentos, as contorsións, a suor, o aumento do ritmo cardíaco e outras, están tamén presentes en moitos animais. De todos os xeitos, a percepción consciente da cor podería ser exclusiva do ser humano e quizais doutros mamíferos. En organismos máis sinxelos, en lugar de dor podería ser máis axeitado falar de nocicepción (capacidade de percibir sensacións nocivas).

¿De que maneira chegamos a sentir a dor?

Imaxina que, sen darte conta, meteches a man nun recipiente con auga moi quente. Se a mantés dentro, nuns segundos producirase unha lesión moi severa, pois as células do noso corpo morren a altas temperaturas.

Os receptores da dor situados na pel transmiten a información, mediante impulsos nerviosos, á medula espiñal. De alí, ascenderá ata chegar á cortiza cerebral sensitiva. Pero o organismo non pode esperar a que o cerebro reciba e interprete a información, a resposta ten que producirse de inmediato.

Só os animais son sensibles á dor.

A experimentación con animais na investigación da dor e en todos os demais campos da Ciencia debe manterse sempre dentro dos límites da ética profesional, evitando causarlles dano de maneira innecesaria.

141141141

Infl amación producida por unha ferida na pel. As cefaleas ou dores de cabeza adoitan producir unha dor pulsátil.

Por iso, é na medula espiñal onde, a través dun acto refl exo, se envía a orde de retirar a man da fonte de calor. Non pasan máis dunhas décimas de segundo ata que apartamos rapi-damente a man.

Na zona lesionada libéranse, ademais, substancias químicas, como por exemplo a histamina, cuxa misión é sensibilizar aos receptores da dor para que estes aumenten os sinais do-lorosos que envían ao sistema nervioso central.

Polo tanto, a dor funciona como un sinal de alarma que nos permite recoñecer que se produciu ou se está producindo un dano nalgunha parte do noso corpo. Nese sentido temos que recoñecer a grande utilidade da dor, pois nos avisa de que «algo anda mal», para que tentemos poñer remedio. Se care-cesemos dese mecanismo de advertencia, non prestariamos atención ás lesións ou posibles enfermidades que acabarían coa nosa vida rapidamente.

Posuímos millóns de receptores da dor, repartidos por todo o corpo, que non só se atopan na pel. Tamén existen en ósos e músculos, no intestino e nos vasos sanguíneos. Pero outros órganos carecen de receptores e de nervios sensitivos, como, por exemplo, o fígado ou o cerebro. Moitas veces sentiremos dor de cabeza, pero non de cerebro. Este órgano pode mesmo ser operado sen anestesia por un cirurxián.

Despois dunha lesión, a zona afectada pasa normalmente por un proceso infl amatorio: libera substancias que dilatan os vasos sanguíneos. Os tecidos hínchanse e a pel roxea. Todo iso aumenta a dor, pero signifi ca que se puxo en marcha a reparación das partes danadas.

A dor e a infl amación, que difi cultan o movemento, disuá-dennos de seguir utilizando a zona danada, xa que se o fi xesemos podería aumentar a importancia da lesión. O que o corpo necesita é descansar, non estar obrigado a realizar os traballos e esforzos que supoñen a actividade diaria, e a súa forma de facernolo saber é moi efectiva: a través das sensacións dolorosas.

¿Como explicar a dor que sentimos?

Aínda que a percepción da dor poida parecer moi subxecti-va, é dicir, que cada un sente a dor á súa maneira, a realidade é diferente. Grazas á nosa gran sensibilidade á dor podemos describila e, de feito, aos médicos lles resulta de moita axuda, para poder emitir un diagnóstico, saber ónde senten dor os seus pacientes, con qué intensidade e cómo a senten.

Os estudos realizados neste sentido permitiron establecer moitas formas de dor, das cales se mostran algúns exem-plos:

• Dor puzante. Trátase dunha dor moi localizada, que senti-mos nunha zona moi pequena.

• Dor queimante. É unha sensación moi semellante á que producen as queimaduras.

• Dor opresiva. Percíbese como se algo presionase a zona dolorida.

• Dor xorda. É unha dor non localizada, difusa e difícil de explicar.

• Dor pulsátil. É rítmica, coma unha pulsación.

1 ¿Cal é a función da dor? ¿Por que resulta de vital importancia?

2 ¿Onde están localizados os receptores sensoriais da dor?

3 Explica o camiño polo que unha sensación doloro-sa chega ao cerebro ao facernos unha ferida nun pé.

4 ¿Que proceso adoita acompañar a unha lesión? ¿De que xeito ocorre? ¿Que signifi cado ten?

Cuestións