j o s é g a r c í a c a l v o “ w i l l y ” e m ª b e a t...
TRANSCRIPT
J o s é G a r c í a C a l v o “ W i l l y ” e M ª B e a t r i z V a q u e r o D í a z ( d i r s . )
Roteiros Culturais P O R O U R E N S E
Roteiros CulturaisP O R O U R E N S E
D I R E C T O R E S :
José García Calvo “Willy” (rutas e material cartográfico)
Mª Beatriz Vaquero Díaz (edición e elaboración da guía histórica)
C O L A B O R A D O R E S :
Javier Varasa Paredes (rutas e material cartográfico)
Ana Cebreiros Iglesias (elaboración da guía histórica)
Graciela Gómez Cid (elaboración da guía histórica)
AKROS, Xestión Integral do Patrimonio SLNE (baleirado, xestión e composición de datos cartográficos)
O R G A N I Z A :
Vicerreitoría do Campus de Ourense
C O L A B O R A :
Servizo de Deportes. Campus de Ourense
P A T R O C I N A :
INORDEDeputación Provincial de Ourense
disigna edenia | www.edenia.org
Imprime RODI Artes Gráficas S.L., Ourense
Dep. Legal: OU 1-2009
I.S.B.N.: 978-84-936673-7-5
W E B ( G U Í A E D E S C A R G A D A S R U T A S G P S ) :
http://www.inorde.com/http://vicou.uvigo.es/
Todos os dereitos reservados. Non se permite a reprodución deste libro, nin a súa incorporación a un sistema informático, nin a
súa transmisión en calquera forma ou por calquera medio, for este electrónico, mecánico, por fotocopia, por gravación ou outros
métodos, sen o permiso por escrito dos seus editores e autores.
Ruta deSAN PEDRO DE ROCAS
20
San Pedro de RocasA tradición historiográfica explica a creación de San Pedro de Rocas como eremitorio ou refuxo dos abondantes ascetas que vivían nos seus arredores no ano 573, tal e como aparece nunha inscrición atopada no mosteiro. Segundo se conta nun documento de Afonso V expedido en 1007, o lugar tería sido abandonado e redescuberto no s. X por un cazador chamado Xemondo que, sentindo a chamada da oración, quedouse a vivir alí xunto con outros cazadores que se lle uniron prontamente. Chegadas a ouvidos de Afonso III as novas sobre a súa santidade, o rei concedéulles a propiedade do lugar e as posesións necesarias para levar adiante a súa vida conventual. O citado diploma de Afonso V describe as circunstancias da fundación para confirmarlle ao mosteiro todas as súas pose-sións despois de que un incendio o destruira, nun momento en que á fronte do cenobio estaba Alvito, futuro abade de Celanova, presenza que reforza a idea da entrada de San Pedro na dependencia de Celanova en calidade de priorado.Os estudos máis recentes indican, sen embargo, que a presenza de eremitas foi menor do que normalmente se afirma, que os documentos anteriores ao século XII foron interpolados, que a casa matriz de San Pedro parece ter sido ata fins do século XII Santo Estevo de Ribas de Sil e non San Salvador de Celanova, e non existe ademais acordo sobre a datación da lápida na que aparece o 573 como o ano da fundación.Pese ás dúbidas que suscitan as narracións documentais, o mosteiro de San Pedro de Rocas existía xa a fins do século VIII, como demostran as escavacións arqueolóxicas realizadas no enlousado da igrexa e nos seus arredores no ano 1988 e que deixaron á vista uns corenta sepulcros antropro-morfos, entre os que algúns corresponden a nenos, situados tanto dentro como fóra da igrexa e que aparecen orientados coa cabeza ao oeste e os pés ao leste, cara ao altar.A datación da maioría das tumbas, así como a da chamada lápida fundacional e do pé de altar atopados na igrexa e conservados hoxe en día no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, si-túan arredor do ano 900 a reforma do eremitorio segundo a maioría dos estudosos. Nesa reforma pártese das dúas covas naturais que formaban o habitáculo orixinal, que pasou a convertirse nunha igrexa de dúas naves escavadas na rocha e rematadas en ábsidas con planta en forma de ferradura, a central con maior tamaño e tres escalóns que a elevan respecto á nave, e a do Evanxeo, á súa esquerda segundo se mira ao altar.No século XII Rocas aparece nas fontes convertido nun priorado bieito, é dicir, un mosteiro rexido pola Regra Beneditina no que existe unha comunidade de monxes á fronte da cal sitúase o abade da súa
La tradición historiográfica explica la creación de San Pedro de Rocas
como eremitorio o refugio de los abundantes ascetas que vivían en sus
alrededores en el año 573, tal y como aparece en una inscripción encon-
trada en el monasterio. Según se cuenta en un documento de Alfonso V
expedido en 1007, el lugar habría sido abandonado y redescubierto en
el s. X por un cazador llamado Gemondo que, sintiendo la llamada de la
oración, se quedó a vivir allí junto con otros cazadores que se le unieron
prontamente. Llegadas a oídos de Alfonso III las noticias de su santidad,
el rei les concedió la propiedad del lugar y las posesiones necesarias
para llevar a cabo su vida conventual. El citado diploma de Alfonso V
describe las circunstancias de la fundación para confirmarle al monas-
terio todas sus posesiones después de que un incendio lo destruyese, en
un momento en que al frente del cenobio estaba Alvito, futuro abad de
Celanova, presencia que refuerza la idea de entrada de San Pedro en la
dependencia de Celanova en calidad de priorato.
Los estudios más recientes indican, sin embargo, que la presencia de
eremitas fue menor de lo que normalmente se afirma, que los docu-
mentos anteriores al siglo XII fueron interpolados, que la casa matriz
de San Pedro parece haber sido hasta fines del siglo XII Santo Estevo de
Ribas de Sil y no San Salvador de Celanova, y no existe además acuerdo
sobre la datación de la lápida en la que aparece el 573 como el año de la
fundación.
Pese a las dudas que suscitan las narraciones documentales, el mo-
nasterio de San Pedro de Rocas existía ya a fines del siglo VIII, como
demuestran las excavaciones arqueológicas realizadas en el enlosado de
la iglesia y en sus alrededores en el año 1988 y que dejaron a la vista unos
cuarenta sepulcros antropomorfos, entre los que algunos corresponden
a niños, situados tanto dentro como fuera de la iglesia y que aparecen
orientados con la cabeza al oeste y los pies al este, cara al altar.
La datación de la maioría de las tumbas, así como la de la llamada lápida
fundacional y del pie de altar encontrados en la iglesia y conservados hoy
en día en el Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, sitúan alrededor
del año 900 la reforma del eremitorio según la mayoría de los estudio-
sos. En esa reforma se parte de las dos cuevas naturales que formaban
el habitáculo original, que pasó a convertirse en una iglesia de dos naves
excavadas en la roca y acabadas en ábsides con planta en forma de he-
rradura, la central con mayor tamaño y tres escalones que la elevan res-
pecto a la nave, y la del Evangelio, a su izquierda según se mira al altar.
21
casa matriz que elixe un prior para que ó represente e goberne o priorado no seu nome. Du-rante a meirande parte do século XII Rocas vincúlase preferentemente a Santo Estevo de Ribas de Sil e, só a partir do derradeiro tercio do século, temos probas documentais da súa dependencia de Celanova. O mosteiro fundado por san Rosendo tería recibido Rocas xunto con Santa Comba de Na-ves a cambio de renunciar a unha parte dos seus dereitos eclesiásticos a favor do bispo de Ourense, tal e como exixía a Reforma Gregoriana que estaba a ser implantada no reino.A segunda remodelación do conxunto, na que as dúas ábsidas primitivas foron revocadas e a súa planta de ferradura foi convertida na semicircular que aínda hoxe teñen, data dos séculos XII-XIII. Abríuse tamén unha terceira nave á dereita do altar, a da Epístola, sen sepulturas no chan, que pretende dar simetría ao templo aínda que é de menor tamaño que a do Evanxeo. Nese mesmo intre fanse os arcos de entrada ás tres naves, os cales configuraron durante toda a Idade Media a portada occidental da igrexa e dos que hoxe conservamos só o da nave central e o da Epístola, decorado cun sobrio taqueado o primeiro e con motivos vexetais simples o segundo.Por último abríronse arcosolios nas dúas naves laterais baixo os que se colocaron sendas sepulturas, así como unha reproducción da lápida orixinal de fins do s. IX inscrita no muro na nave da Epístola e, na do Evanxeo, sobre a tumba que a tradición popular sinalaba como a do cazador e eremita Xemondo, unha pintura ao fresco realizada no s. XII que reproduce o mapamundi da diáspora apostólica inspirado no Comentario á Apocalipse de Beato de Liébana, protexida na actualidade por unha pantalla de cristal para preservar o pouco que aínda queda del.Único exemplar mural desta obra atopado en Europa describe, combinando imaxe e texto, os luga-res onde se veneraban os corpos ou as pegadas do paso dos apóstolos e doutros santos a mediados dese século. O que fai desta pintura un caso especial é a súa ubicación, posto que o decoro situaba por regra xeral os mapas en “estancias principescas”, invitando á viaxe ou ao dominio do mundo, e non nun apartado mosteiro de tradición eremítica, de tal xeito que a súa sorprendente ubicación fai pensar ao profesor Moralejo nunha función de guía da única peregrinación que os monxes podían emprender, a espiritual tralo rastro dos apóstolos.Inspirado no mapamundi do Beato de Lorvão, a súa orientación e concepción xeográfica do mundo coñecido son moi diferentes ás nosas. Nel pódense aínda recoñecer no oeste situado na parte in-
En el siglo XII Rocas aparece en las fuentes convertido en un priorato be-
nedictino, es decir, un monasterio regido por la Regla Benedictina en el
que exite una comunidad de monjes al frente de la cual se sitúa el abad
de su casa matriz que elige un prior para que le represente y gobierne
el priorato en su nombre. Durante la mayor parte del siglo XII Rocas se
vinculó preferentemente a Santo Estevo de Ribas de Sil y, sólo a partir del
último tercio del siglo, tenemos pruebas documentales de su dependen-
cia de Celanova. El monasterio fundado por san Rosendo habría recibido
Rocas junto con Santa Comba de Naves a cambio de renunciar a una parte
de sus derechos eclesiásticos a favor del obispo de Ourense, tal y como
exigía la Reforma Gregoriana que estaba siendo implantada en el reino.
La segunda remodelación del conjunto, en la que los dos ábsides pri-
mitivos fueron revocados y su planta de herradura fue convertida en
la semicircular que aún hoy tienen, data de los siglos XII-XIII. Se abrió
también una tercera nave a la derecha del altar, la de la Epístola, sin
sepulturas en el suelo, que pretende dar simetría al templo aunque
es de menor tamaño que la del Evangelio. En ese mismo momento se
hacen los arcos de entrada a las tres naves, los cuales configuraron
durante toda la Edad Media la portada occidental de la iglesia y de los
que hoy conservamos solamente el de la nave central y el de la Epístola,
decorado con un sobrio taqueado el primero y con motivos vegetales
simples el segundo.
Por último se abrieron arcosolios en las dos naves laterales bajo los que
se colocaron sendas sepulturas, así como una reproducción de la lápida
original de fines del s. IX inscrita en el muro en la nave da la Epístola y, en
la del Evangelio, sobre la tumba que la tradición popular señalaba como
la del cazador y eremita Gemondo, una pintura al fresco realizada en el s.
XII que reproduce el mapamundi de la diáspora apostólica inspirado en el
Comentario al Apocalipsis de Beato de Liébana, protegida en la actualidad
por una pantalla de cristal para preservar lo poco que aún queda de él.
Único ejemplar mural de esta obra encontrado en Europa describe, com-
binando imagen y texto, los lugares donde se veneraban los cuerpos o las
huellas del paso de los apóstoles y de otros santos a mediados de ese
siglo. Lo que hace de esta pintura un caso especial es su ubicación, puesto
que el decoro situaba por regla general los mapas en “estancias princi-
pescas”, invitando al viaje o al dominio del mundo, y no en un apartado
monasterio de tradición eremítica, de tal forma que su sorprendente
ubicación hace pensar al profesor Moralejo en una función de guía de
CemiterioCAPELA
DO EVANXEO
CAPELACENTRAL CAPELA
DA EPÍSTOLA
MAPAMUNDI
Capela e naves transversais
Campanario
CasaPrioral
22
ferior esquerda a Península Ibérica co apóstolo Santiago e baixo a súa cabeza as letras GALL[ecia], á súa dereita lese ISPA[nia], F[lumen] TA[gus] e, en dúas liñas á dereita do anterior LVSITANIA. En letras
máis grandes aparece ROMA e a cabeza dun apóstolo, posiblemente Pablo, á súa dereita tras cruzar o Mediterráneo, lese FARO e ao seu carón sitúase unha torre que representa o faro de Alexandría, por riba del pode lerse SI[m]O[n] e verse a cabeza que representa a Simón Zelotes, apóstolo de Exipto. Na parte superior quedan restos de san BARTOLOMEUS, dunha man bendecindo e dun texto en seis liñas que fai referencia ás terras ignotas nas que viven os antípodas.No que en época medieval sería a portada da igrexa, sitúanse outros dous sepulcros do románico tardío –fins do s. XIII- nos que aparecen dúas figuras de cabaleiros, que se vinculan á escola do mestre Mateo e sobre os que se atopa a representación do ascenso dunha ánima aos ceos.
Durante a Baixa Idade Media, Rocas mantense sen grandes sobresaltos nin dificultades e a súa comuni-dade, aínda que non moi ampla, goza en todo mo-mento dun número de monxes aceptable e dunha vida digna. Calcúlase que durante os momentos de maior esplendor, no século XIII, habería no priorado pouco máis de doce monxes, máis os servintes e al-gúns nenos. Ao ano 1445 corresponde a única men-ción dun hermitanno entre os membros do mosteiro que suxire que algúns deles apartaríanse temporal ou permanentemente da comunidade para orar nalgun-ha cela das proximidades.O couto de Rocas estaba situado na parte suroriental da Terra de Aguiar, que se corresponde aproximada-mente co actual concello de Esgos. A el sumábanse ademais o couto e granxa de Velle, nos arredores de
la única peregrinación que los monjes podían emprender, la
espiritual tras el rastro de los apóstoles.
Inspirado en el mapamundi del Beato de Lorvão, su orientación
y concepción geográfica del mundo conocido son muy diferen-
tes de las nuestras. En él se pueden aún reconocer en el oeste
situado en la parte inferior izquierda la Península Ibérica con
el apóstol Santiago y bajo su cabeza las letras GALL[ecia], a su
derecha se lee ISPA[nia], F[lumen] TA[gus] y, en dos líneas
a la derecha del anterior LVSITANIA. En letras más grandes
aparece ROMA y la cabeza de un apóstol, posiblemente Pablo,
a su derecha tras cruzar el Mediterráneo, se lee FARO y a su
lado se sitúa una torre que representa el faro de Alejandría,
por encima de él puede leerse SI[m]O[n] y verse la cabeza que
representa a Simón Zelotes, apóstol de Egipto. En la parte su-
perior quedan restos de san BARTOLOMEUS, de una mano bendiciendo y
de un texto en seis líneas que hace referencia a las tierras ignotas en las
que viven los antípodas.
En lo que en época medieval sería la portada de la iglesia, se sitúan otros
dos sepulcros del románico tardío –fines del s. XIII– en los que aparecen
dos figuras de caballeros, que se vinculan a la escuela del Maestro Mateo
y sobre los que se encuentra la representación del ascenso de un alma
a los cielos.
Durante la Baja Edad Media, Rocas se mantiene sin grandes
sobresaltos ni dificultades y su comunidad, aunque no muy
amplia, goza en todo momento de un número de monjes acep-
table y de una vida digna. Se calcula que durante los momentos
de mayor esplendor, en el siglo XIII, habría en el priorato poco
más de doce monjes, más los sirvientes y algunos niños. Al año
1445 corresponde la única mención de un hermitanno entre
los miembros del monasterio que sugiere que algunos de
ellos se apartarían temporal o permanentemente de la comu-
nidad para orar en alguna celda de las proximidades.
El coto de Rocas estaba situado en la parte suroriental de la
Tierra de Aguiar, que se corresponde aproximadamente con
el actual ayuntamiento de Esgos. A él se sumaban además el
coto y granja de Velle, en los alrededores de Ourense, y abun-
dantes tierras agrícolas en los actuales municipios de Esgos,
Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar y en la parroquia de
GALL
FARO
SIMON
BART
OLOM
EUS
ROMA
INCOBI
HABITAA IO S:
TA E: IBIVN VR:
NIA
LUSTRAF TAISPA
E
S
W
N
Mediterráneo
R O C A S S E P U L C R O S P O R T A D A
23
Ourense, e abondantes terras agrícolas nos actuais concellos de Esgos, Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar e na parroquia de Velle, que os monxes aforaban a labregos a cambio de rendas de pan e viño proporcionais á colleita.A acertada administración dese dominio permite manter as boas con-dicións do cenobio e realizar a última reforma medieval da igrexa a fins do século XV, que consistíu en engadir unha nave transversal ante a portada do primitivo templo. Esta nova nave será a utilizada para os servizos relixiosos ao acoller o altar maior adicado a san Pedro e as tres ábsidas hipoxeas, é dicir, escavadas na rocha, convértense nas súas capelas. Para dar acceso á nova igrexa ábrese no muro meridional unha porta sobre a que unha inscrición menciona ao prior frei Gonzalo de Penalba como artífice da obra.A fins do século XV, San Pedro de Rocas vai ser sometido á reforma observante cando frei Gonzalo, acepta a entrada dos reformadores a cambio de que estes lle permitiran permanecer como prior no mosteiro. Dos bós resultados da súa xestión dá conta o feito de que uns anos despois frei Gonzalo aparece como prior de Santo Estevo de Ribas de Sil. Despois da súa morte en 1511, San Pedro foi anexionado a Celanova como priorado administrativo, no que unicamente quedan tres monxes coa obriga de manter e xestionar os bens do antigo priorado e atender a parroquia.O priorado moderno mantén a súa misión pastoral para cos fregueses, polo que no ano 1607 acométese unha nova reforma que engadíu outra capela no lado norte da igrexa, modificouse o arco de entrada á capela da nave do Evanxeo, abríronse as portas que comunican as tres naves escavadas na rocha e déuselle ao campanario o seu aspecto actual ao situalo sobre un penedo que se apoia no muro septentrional da igrexa. Por último, sitúase fronte ao penedo que serve de base ao campanario un cemiterio, instalado ahí probablemente no século XVIII cando se prohibe enterrar á xente dentro e arredor das igrexas.A coidada explotación das rendas que xeraba o priorado durante a época moderna permitíu a construcción a principios do século XVII da casa prioral que ocupa o lugar dos antigos edificios mo-násticos. A súa fábrica presenta un plano rectangular e dous andares realizados nunha fermosa obra de canteiría, rematada nas esquinas exteriores da primeira planta con dous saíntes defensivos.
Velle, que los monjes aforaban a labradores a cambio de rentas de pan y
vino proporcionales a la cosecha.
La acertada administración de ese domi-
nio permite mantener las buenas con-
diciones del cenobio y realizar la última
reforma medieval de la iglesia a fines del
siglo XV, que consistió en añadir una nave
transversal ante la portada del primitivo
templo. Esta nueva nave será la utilizada
para los servicios religiosos al acoger el
altar mayor dedicado a san Pedro y los
tres ábasides hipogeos, es decir, exca-
vados en la roca, se convierten en sus
capillas. Para dar acceso a la nueva iglesia
se abre en el muro meridional una puerta
sobre la que una inscripción menciona al
prior fray Gonzalo de Penalba como artí-
fice de la obra.
A fines del siglo XV, San Pedro de Rocas
será sometido a la reforma observante cuando fray Gonzalo, acepta la
entrada de los reformadores a cambio de que éstos le permitan perma-
necer como prior en el monasterio. De los buenos resultados de su ges-
tión da cuenta el hecho de que unos años después fray Gonzalo aparece
como prior de Santo Estevo de Ribas de Sil. Después de su muerte en 1511,
San Pedro fue anexionado a Celanova como priorato administrativo, en
el que únicamente quedan tres monjes con la obligación de mantener y
gestionar los bienes del antiguo priorato y atender la parroquia.
El priorato moderno mantiene su misión pastoral para con los feligre-
ses, por lo que en el año 1607 se acomete una nueva reforma que añadió
otra capilla en el lado norte de la iglesia, se modificó el arco de entrada a
la capilla de la nave del Evangelio, se abrieron las puertas que comunican
a las tres naves excavadas en la roca y se le dio al campanario su aspecto
actual al situarlo sobre una roca que se apoya en el muro septentrional
de la iglesia. Por último, se sitúa frente a la roca que sirve de base al
campanario un cementerio, instalado ahí probablemente en el siglo XVIII
cuando se prohibe enterrar a la gente dentro y alrededor de las iglesias.
La cuidada explotación de las rentas que generaba el priorato durante la
época moderna permitió la construcción a principios del siglo XVII de la
R O C A S M U R O S U R
24
Coa Desamortización do ano 1835 San Pedro de Rocas perde todos os seus bens desaparecendo como priorado e unicamente conserva as súas funcións parroquiais, ata que en 1928 despois dun incendio, trasládase a parroquia a un novo edificio construído en Quinta do Monte e o antigo templo pasa a usarse como ermida á que acuden fieis de toda a comarca o día de San Bieito a celebrar unha romería. Polo que respecta á casa reitoral permaneceu desocupada ata os anos cincoenta en que o bispado cedeulla ao padre Silva para instalar nela a “Cidade dos Muchachos”. Nos anos oitenta pasa a mans da Deputación Provincial que patrocina as escavacións de 1987 e 1988, como paso previo ás obras de consoli-dación e acondicionamento feitas a partir de 1993 por Emilio Fonseca Moretón para permitir as visitas. Na actualidade a reitoral acolle o Cen-
tro de Interpretación da Ribeira Sacra.
casa prioral que ocupa el lugar de los antiguos edificios monásticos. Su
fábrica presenta un plano rectangular y dos pisos realizados en una her-
mosa obra de cantería, rematada en las esquinas exteriores de la prime-
ra planta con dos salientes defensivos.
Con la Desamortización del año 1835
San Pedro de Rocas pierde todos sus
bienes desapareciendo como priorato
y únicamente conserva sus funciones
parroquiales, hasta que en 1928 des-
pués de un incencio, se traslada la pa-
rroquia a un nuevo edificio construído
en Quinta do Monte y el antiguo templo
pasa a usarse como ermita a la que
acuden fieles de toda la comarca el día
de San Benito a celebrar una romería.
Por lo que respecta a la casa rectoral
permaneció desocupada hasta los años
cincuenta en que el obispado se la cedió
al padre Silva para instalar en ella la
“Ciudad de los Muchachos”. En los años
ochenta pasa a manos de la Diputación Provincial que patrocina las exca-
vaciones de 1987 y 1988, como paso previo a las obras de consolidación y
acondicionamiento hechas a partir de 1993 por Emilio Fonseca Moretón
para permitir las visitas. En la actualidad la rectoral acoge el Centro de
Interpretación da Ribeira Sacra.
R O C A S C A M P A N A R I O
INICIO: Ponte Romana, Ourense
LONXITUDE: 17.5 Km
DIFICULTADE: Media
CARTOGRAFÍA: Follas 187 e 188-III escala 1:25000
do Ministerio de Fomento
PERCORRIDO: Lineal (ter en conta a viaxe de regreso)
INTERESE: Arqueolóxico, etnográfico e histórico
ÉPOCA: Durante todo o ano, preferentemente primavera e outono
CARACTERÍSTICAS DA RUTA / CARACTERÍSTICAS DE LA RUTA
INICIO: Ponte Romana, Ourense
LONGITUD: 17.5 Km
DIFICULTAD: Media
CARTOGRAFÍA: Hojas 187 y 188-III escala 1:25000
del Ministerio de Fomento
RECORRIDO: Lineal (tener en cuenta el viaje de regreso)
INTERÉS: Arqueológico, etnográfico y histórico
ÉPOCA: Durante todo el año, preferentemente primavera y otoño
Partindo da Ponte Romana e collendo a marxe esquerda do río Miño en dirección NE atopámonos coa pasarela que cruza o río Loña e, sen chegar a cruzar, viramos á dereita collendo a marxe esquerda deste río, ata atoparnos cunha ponte medieval que, unha vez atravesada, nos sitúa nun-ha estrada asfaltada na que viraremos cara a dereita e que nos levará ata o colexio de Mende. Pasado o colexio, no km. 3.2, voltaremos a cruzar o río Loña pola ponte que queda á nosa dereita e, unha vez atravesada, des-viarémonos á esquerda para despois dunha subida moi pronunciada, alcanzarmos o restaurante “A Nosa Casa”.Continuamos a marcha en dirección A Derrasa por baixo da estrada OU-536, para, antes de chegar á rotonda, co-ller un cruce á esquerda que nos leva a un camiño veciñal paralelo á estrada OU-536. Seguindo nesta dirección con-cluiremos no cruce de devandita estrada coa OU-0507, e tomando dirección Pereiro de Aguiar e atoparemos unha ponte, que unha vez cruzada nos permitirá desviarnos
á dereita para chegar á praza da vila de Pereiro de Aguiar. Dende esta praza e deixando o centro de saúde á es-querda, atopamos un camiño que, cruzando a OU-507 (dirección San Benito), levaranos á Ermida de San Xoán que deixaremos á dereita ata alcanzar un novo cruce de estradas.Ao chegar a este cruce tomaremos dirección Ponte os Gozos e a uns 30 metros desviarémonos á esquerda para tomar unha pista forestal que nos conducirá ao lugar de Boeiros. Dende alí e cara á esquerda tomaremos unha estrada asfaltada e, despois de aproximadamente un 1 kilómetro, desviarémonos á dereita para subir ao lugar de O Castro e á igrexa de Covas. Desde a igrexa collere-mos o Camiño Real que nos conducirá ao mosteiro de San Pedro de Rocas pasando por Triós.
Partiendo del puente romano y cogiendo la margen izquierda del río Miño en dirección NE nos encontramos con la pasarela que cruza el río Loña y, sin llegar a cru-zar, giramos a la derecha cogiendo la margen izquierda de este río, hasta encontrarnos con un puente medieval que, una vez atravesado, nos sitúa en una carretera as-faltada en la que giraremos hacia la derecha y que nos llevará hasta el colegio de Mende. Pasado el colegio, en el km. 3.2, volveremos a cruzar el río Loña por el puente que queda a nuestra derecha y, una vez atrave-sado, nos desviaremos a la izquierda para después de una subida muy pronunciada, alcanzar el restaurante “A Nosa Casa”.Continuamos la marcha en dirección A Derrasa por de-bajo de la carretera OU-536, para, antes de llegar a la rotonda, coger un cruce a la izquierda que nos lleva a un camino vecinal paralelo a la carretera OU-536. Siguiendo en esta dirección concluiremos en el cruce de
dicha carretera con la OU-0507, y tomando dirección Pereiro de Aguiar, encontraremos un puente, que una vez cruzado nos permitirá desviarnos a la derecha para llegar a la plaza del pueblo de Pereiro de Aguiar.Desde esta plaza y dejando el centro de salud a la iz-quierda, encontramos un camino que, cruzando la OU-507 (dirección San Benito), nos llevará a la Ermita de San Xoán que dejaremos a la derecha hasta alcanzar un nuevo cruce de carreteras.Al llegar a este cruce tomaremos dirección Ponte os Gozos y a unos 30 metros nos desviaremos a la izquierda para tomar una pista forestal que nos conducirá al lugar de Boeiros. Desde allí y hacia la izquierda tomaremos una carreta asfaltada y, después de aproximadamente un 1 kilómetro, nos desviaremos a la derecha para subir al lugar de O Castro y a la iglesia de Covas. Desde la iglesia cogeremos el Camino Real que nos conducirá al monas-terio de San Pedro de Rocas pasando por Triós.
DESENVOLVEMENTO DO PERCORRIDO: DESARROLLO DEL RECORRIDO:
PERFIL TOPOGRÁFICO:
Concello de Pereiro de Aguiar: 988 25 93 85Taxis: 661 31 03 81
42º 20’ 814” N 7º 52’ 699” O
TELÉFONOS DE INTERESE / TELÉFONOS DE INTERÉS / WEBS
Concello de Esgos: 988 29 00 00Taxis: 686 46 01 12
Emerxencias / Emergencias: 112Garda Civil / Guardia Civil: 062
http://www.inorde.com/http://vicou.uvigo.es/
25
ESTRADA PEREIRO-PEXIGUEIRO
ESTRADA PEREIRO-PEXIGUEIRO
ESTRADA PEREIRO-PEXIGUEIRO
ESTRADA PEREIRO-PEXIGUEIRO
CRUCE DE ESTRADASPASARELA SOBRE O LOÑA CRUCE DE ESTRADASPASARELA SOBRE O LOÑA
PONTE SOBRE O LOÑACRUCE DE ESTRADASPONTE SOBRE O LOÑA
Restaurante A Nosa Casa
CARRETERA A
PONF
ERRA
DA
COSTA
RÚA MENDE
RÚA DO CURRO
RÚA DA RABAZA
AV. BUENOS AIRES
RÚA DO BRAÑAS
RÚA DO PROGRESO
AV. DE LA HABANA
As Caldas
PonteRomana
AV. RIBEIR
A SACRA
AV. OTERO PEDRAYO
RÚA FONTE DOS CAÑOS
ESTRADA PEREIRO-PEXIGUEIRO
ESTRADA PEREIRO-PEXIGUEIRO
ESTRADA PEREIRO-PEXIGUEIRO
ESTRADA PEREIRO-PEXIGUEIRO
CRUCECRUCE
SAN PEDRO DE ROCASCASTRO DE COVASPONTE SOBRE O LOÑADESVIACIÓN
TRIÓS
Mosteiro deSan Pedro de Rocas
O TOM
BOIgrexa de Covas
O CAMPO
ESTR
ADA
A DE
RRAS
A
Ruta deSAN PEDRO
DE ROCAS