grupo vocal “sÓlo voces” · cristóbal de morales (1500 ca. – 1553) foi cantor na catedral...

3
Cristóbal de Morales (1500 ca. - 1553) Circumdederunt me gemitus mortis Missa pro defunctis, a 5 Roma, 1544 Introitus Kyrie Graduale Sequentia Sanctus et Benedictus Agnus Dei Communio GRUPO VOCAL “SÓLO VOCES” Director: Fernando G. Jácome Coa colaboración de Violas: Xurxo Lois, Maika Novoa, Pablo Ruibal, Nerea Casanova PROGRAMA GRUPO VOCAL “SÓLO VOCES” Sábado, 8 de xuño de 2013 Igrexa de Santiago A Nova. 21:00 h.

Upload: lymien

Post on 27-Aug-2018

212 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Cristóbal de Morales (1500 ca. - 1553)

Circumdederunt me gemitus mortis

Missa pro defunctis, a 5Roma, 1544

Introitus

Kyrie

Graduale

Sequentia

Sanctus et Benedictus

Agnus Dei

Communio

GRUPO VOCAL “SÓLO VOCES”

Director: Fernando G. Jácome

Coa colaboración de

Violas: Xurxo Lois, Maika Novoa, Pablo Ruibal, Nerea Casanova

PROGRAMA

GRUPO VOCAL “SÓLO VOCES”Sábado, 8 de xuño de 2013Igrexa de Santiago A Nova. 21:00 h.

Cristóbal de Morales (1500 ca. – 1553) foi cantor na catedral de Sevilla, onde se formou

como músico. Posteriormente ocupou as prazas de mestre de capela nas catedrais de Ávila

e Plasencia. En 1535 foi recalar como cantor na capela papal de Roma, baixo o papado

de Pio III, polo que se atopaba nesa cidade o 28 de maio de 1539 cando se celebraron

as exequias pola emperatriz Isabel de Portugal, esposa de Carlos V falecida o primeiro de

maio de 1539. De feito o musicólogo Clemente Terni inclínase a pensar que esta “Missa pro

defunctis a 5” foi escrita por Morales para esta ocasión. Hai coñecemento de posteriores

execucións desta obra, por exemplo da que se fixo en México en 1559, nas cerimonias que

se celebraron trala morte do emperador Carlos V.

A difusión da obra de Morales por Europa e até o novo mundo produciuse grazas á impre-

sión a cargo dos irmáns Ludovico e Valerio Dórico, en cuxo prelo de Roma viu a luz o volume

“Christophori Morales Hispalensis Missarum líber secundus” en 1544.

A música da Missa pro defunctis é dunha sonoridade sombría, atemorizante e moi intensa

en todo momento. Esta monumental obra consta de oito partes, segundo o “Proprium” da

liturxia de defuntos: Introitus, Kyrie, Graduale, Sequentia (só pon en polifonía o derradeiro

verso: Pie Iesu), Offertorium, Sanctus, Agnus Dei e Communio.

A melodía gregoriana é levada pola voz máis aguda mentres arrastra ás demais cara a unha

tensión harmónica que nace e se esvaece en cada movemento da obra. En xeral, e como

norma excepcional nas misas de Morales, o baixo apártase con frecuencia do xogo polifóni-

co avanzando implacablemente en cuartas e quintas. Todas as voces anticipan a liña meló-

dica da voz superior dando unha sensación de imitación para suxerir ao oínte a melodía que

se está tratando en cada momento. A sobriedade contrapuntística de Morales atópase en

pasaxes homofónicos como o Sanctus e Agnus Dei, escritos nun estilo declamado, austero

e tenebroso.

Dada a grande extensión da Secuencia de defuntos (Dies irae) Morales só puxo música ao

Pie Iesu, deixando á vontade do intérprete a execución deste verso como se dun pequeno

motete se tratase, ou a interpretación do mesmo precedido do canto gregoriano. Ademais

dos versos do Dies irae, tampouco o Tractus (Absolve, Domine...) foi posto en polifonía.

Na versión que hoxe ofrecemos seguimos a tradición de dobrar as voces polifónicas co

acompañamento de menestreis, neste caso catro violas de gamba. Para acompañar a esta

misa incluímos no programa un motete igual de tenebroso: “Circumdederunt me”: Ro-

deáronme os xemidos da morte; as penas do inferno envolvéronme.

Grupo vocal “Sólo Voces” Fundouse en Lugo en 1992. Dende entón leva traballando diversos ámbitos do repertorio

coral: a música popular (rock, folk, pop...) e a culta (gregoriano, música sacra e profana de

autores consagrados, obras de compositores contemporáneos...), sempre con especial én-

fase nos autores galegos, e baixo a dirección de Fernando G. Jácome.

Ten editados catro CDs: Cantares (ano 2000), con clásicos do rock e da música sudameri-

cana, Clásicos galegos, Vol. 1 (ano 2000), coa Orquestra Municipal de Xove baixo a direc-

ción de Xan Carballal, onde se recolle música de autores lucenses, Nihil novum sub sole?

(ano 2005) con música sacra do século XX, e Dous séculos de música lucense (ano 2011)

baixo o patrocinio de Excma. Deputación de Lugo.

Se ben sempre existiu a vocación de dar a coñecer a obra de músicos locais precisamente

con Clásicos galegos comeza unha nova etapa intensificando esta labor de difusión, e en

2001 fan un concerto xunto coa Orquestra Municipal de Xove onde se representan varias

obras de xuventude do lucense universal Xoán Montes. En 2004 unha sección de Sólo Vo-

ces constitúe a Capela lucense para recuperar obras do arquivo musical da catedral de Lugo.

En 2007, no marco do festival Via Stellae, Sólo Voces ofrece varios concertos en Galiza

con obras de lucenses como Pascual Veiga, Juan Montes, Bal y Gay, e músicos da catedral

lucense. Este programa ofréceo en Lugo ó ano seguinte, na programación da Sociedade Fil-

harmónica lucense. En 2011, xunto coa Orquestra Vigo 430 fan soar en Lugo o Te Deum de

Montes. Tamén neste ano organizou - con grande éxito de público - unha semana dedicada

a Xoán Montes (Xoán Montes, sóache?) que consistiu nun ciclo de conferencias e concertos

sobre a música de Montes, e unha exposición de partituras e obxectos deste autor.

Outros aspectos do repertorio levaron a Sólo Voces a cantar nos ámbitos máis diversos,

mesturando o humor coa seriedade, a música coa poesía..., en toda Galiza e fóra dela: Casa

de Galiza en Madrid, Casa de Galiza en Lisboa, programación musical de Advento en Salz-

burgo, e Praga..., facendo a zarzuela Bohemios, en Lugo, baixo a dirección de Jorge Rubio.

Tamén é salientable a súa colaboración co grupo de instrumentos antigos Orpheon consort,

de Viena. Así mesmo ofreceron un concerto monográfico sobre Tomás Luis de Victoria en

Ávila e Lugo, e participaron en festivais de música: IX Certame de Música Sacra de Ourense,

XXVII, XXVIII e XL Semana de música do Corpus lucense, VII Bienal de polifonía regional

autóctona (Cangas de Onís), II e VI Ciclo de Música Sacra de São Pedro de Rates (Portu-

gal), Temporada de música Antiga no Douro en Lamego e Peso da Régua (Portugal). Tamén

destaca a participación no II Festival de música de Compostela e os seus camiños VIA STE-

LLAE (ano 2007) e no Ciclo de música vocal de ESPAZOS SONOROS (ano 2008) que o

consolida como unha agrupación de peso no panorama musical galego.

Un Réquiem para Carlos VMissa pro defunctis, Cristóbal de Morales