do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros

10

Upload: adrian

Post on 11-Jul-2015

804 views

Category:

Documents


5 download

TRANSCRIPT

Introdución……………..…………………Diapositiva 3

O esplendor Medieval....……...….……Diapositiva 4

A Literatura Medieval……….………….Diapositiva 5

A Situación da lingua durante a Idade

Media……………………………………...Diapositiva 6

A decadencia. Causas……….……….Diapositiva 7

Os Século Escuros…………….…………Diapositiva 8

Conclusión…….………………………….Diapositiva 9

Fontes……………………………………..Diapositiva 10

Esta presentación

recolle o ocorrido

na historia da

lingua galega entre

o esplendor

medieval e a

decadencia dos

Séculos Escuros.

A Idade Media empeza no século V coa caída do Imperio romano e o nacemento do primeiro reino suevo de Galiza.

Acaba no século XV co descubrimento de América e o nacemento da imprenta.

O galego é unha lingua exclusiva de uso oral coa competencia do latín na escrita.

Na documentación privada, nas actas dos concellos, etc comezan a usar o galego.

A prosa literaria medieval galega é escasa e tardía.

Entre fins do século XIII e XV os temas de maior difusión na Europa Medieval son en galego.

No século VIII en Galicia convivían dúas linguas: galego e latín.

O latín usábase na literatura e na relixión.

No século XII comezan a aparecer os primeiros textos en galego.

A finais deste século o galego convértese na lingua por excelencia da lírica en case toda a Península.

O Foro do Burgo de Castro Caldelas é o documento real en lingua galega máis antigo que conservamos (principios do século XIII).

Durante a Idade Media coas cantigas Galego -portuguesas foi lingua de cultura.

O galego era a lingua oral do pobo e a lingua escrita actos públicos e privados.

Dende a metade do século XIII comézase a utilizar o castelán en documentos que teñen orixe ou destino a Corte.

Aséntase en Galicia unha nobreza estranxeira (castelá principalmente) que ven substituír unha nobreza galega ao apoiar aos perdedores nas loitas dinásticas pola coroa de Castela.

Suprímese gran parte da aristocracia autóctona.

Pérdese a autonomía da igrexa galega.

A Coroa de Castela ten como obxectivo suprimir aos diferentes reinos.

Chamámoslle séculos escuros ao período entre o século XVI ao XVII.

A lingua galega estivo ausente practicamente na escrita.

Mentres que para a lingua galega son os Séculos Escuros, para a lingua castelán son os Séculos de Ouro.

O galego consigue estar nos temas de

maior importancia en Europa.

No período da decadencia a lingua

perde moito ao asentarse en Galicia

unha nobreza estranxeira.

Durante os séculos XVI ao XVII o galego

está practicamente ausente.