d o s s i e r de p r e n s a · 2016-08-11 · cambados, elaboran o viño con uva procedente de...

10
D O S S I E R de P R E N S A

Upload: others

Post on 14-Aug-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: D O S S I E R de P R E N S A · 2016-08-11 · Cambados, elaboran o viño con uva procedente de cepas duns 30 anos de antigüidade, selecciona-da con coidado, buscando o me-llor momento

D O S S I E R de

P R E N S A

Page 2: D O S S I E R de P R E N S A · 2016-08-11 · Cambados, elaboran o viño con uva procedente de cepas duns 30 anos de antigüidade, selecciona-da con coidado, buscando o me-llor momento

Í N D I C E

O VIÑO ....................................................................................

O NOME ..................................................................................

O ALBARIÑO CON ARTE .......................................................

HISTORIA ................................................................................

PIONEIROS NA DENOMINACIÓN DE ORIXE ........................

PROCESO DE ELABORACIÓN ...............................................

NOTA DE CATA .........................................................................

1

2

3

4

5

6

7

Page 3: D O S S I E R de P R E N S A · 2016-08-11 · Cambados, elaboran o viño con uva procedente de cepas duns 30 anos de antigüidade, selecciona-da con coidado, buscando o me-llor momento

Albariño monovarietal á vista bri-llante e dourado, cunha entrada en boca suave. Fresco e versátil, presenta un postgusto delicado e sutil, froito da crianza sobre as súas lías.

O nome fai referencia ás medidas tradicionais nas que se dividía o terreo, cuncas e ferrados, na co-marca de O Salnés.

A familia Padín, viticultores de Cambados, elaboran o viño con uva procedente de cepas duns 30 anos de antigüidade, selecciona-da con coidado, buscando o me-llor momento da colleita e respec-tando un proceso de elaboración moderno que rescata o mellor das técnicas tradicionais.

O resultado é un albariño, envol-vente e aterciopelado, que evoca recordos do viño dos monxes de Cluny, primeira orde relixiosa en traballar coa uva albariña.

O V I Ñ O

Page 4: D O S S I E R de P R E N S A · 2016-08-11 · Cambados, elaboran o viño con uva procedente de cepas duns 30 anos de antigüidade, selecciona-da con coidado, buscando o me-llor momento

12 CUNCAS = 1 FERRADO 1 CUNCA = 52 METROS CADRADOS

Na etiqueta a familia quixo render homenaxe ó terruño, a terra, a orixe de todo, e por tanto emprega para iso as medidas agrarias de superficie da zona de O Salnés. Sendo as 12 Cuncas, medida equivalente ao ferrado na comarca, a elec-ción para definilo.

Unha cunca é unha medida de terreo que equivale a 52 m2. 12 cuncas forman un ferrado.

N O M E

O ferrado é unha medida tradicional agraria galega que pese a que originaria-mente era volume (o ferra-do é un recipiente de ma-deira) pasou a ser utilizada como medida de superficie (área que produce o gran suficiente para encher un ferrado).

Como a superficie necesa-ria varía, en función da pro-ductividad, establecéronse valores de referencia dife-rentes en cada zona da co-munidade.

Unha fanega é a medida de terreo que equivale a catro ferrados.

Page 5: D O S S I E R de P R E N S A · 2016-08-11 · Cambados, elaboran o viño con uva procedente de cepas duns 30 anos de antigüidade, selecciona-da con coidado, buscando o me-llor momento

O A L B A R I Ñ O C O N

A R T E12 Cuncas aposta pola arte na súa etiqueta, obra de Eduardo Baa-monde. Pintor, ilustrador e mura-lista natural de Lugo e afincado en Cambados.

Baamonde é un artista recoñeci-do con números premios nos seus máis de 30 anos de profesión. Ex-pón traballos en diversos conce-llos de Galicia e compaxina o seu traballo de profesor co deseño gráfico e a pintura.

O autor desenvolveu para 12 cun-cas un deseño especial, pintando un cadro que simula o plano ceni-tal dunha leira de viñedos dividida en cuncas, ferrados e fanegas.

En 12 Cuncas o viño e a arte for-man unha maridaxe perfecta.

Page 6: D O S S I E R de P R E N S A · 2016-08-11 · Cambados, elaboran o viño con uva procedente de cepas duns 30 anos de antigüidade, selecciona-da con coidado, buscando o me-llor momento

H I S T O R I AMarisol Padín González, , alma mater de 12 Cuncas, posúe o número 49 no seu Carnet de Viticultura da D.Ou Rías Baixas.

A antigüidade dese número demostra que é unha fa-milia que desde sempre cosechou e elaborou viño na comarca de O Salnés.

A familia Padín comezou elaborando viños en dúas pequenas bodegas propias. Nos anos 50-60 chega-ron a cosechar 100 pipas, unha medida usada no sector que equivale a uns 75.000 litros aproximada-mente, que comercializaban nas provincias da Coru-ña e Pontevedra.

Page 7: D O S S I E R de P R E N S A · 2016-08-11 · Cambados, elaboran o viño con uva procedente de cepas duns 30 anos de antigüidade, selecciona-da con coidado, buscando o me-llor momento

PIONEIROS NA DENOMINACIÓN DE ORIXE

12 Cuncas pertence á D.O Rías Baixas, unha denominación que se estende por un conxun-to de zonas de Galicia que teñen unha serie de condicións físicas co-múns que identifican e orixinan as característi-cas dos seus viños.

Os viñedos principais de 12 Cuncas atópanse nos concellos de Cambados e Ribadumia.

Son terras de chan po-bre, moi areoso e con fondo rocoso. Terreos conferidos cunha leve in-clinación, todos eles moi próximos a Ría de Arou-sa e á desembocadura do Río Umia, zonas moi asolladas e aireadas.

Na súa curta historia, o sector da Denominación de Orixe Rías Baixas evolucionou de tal ma-neira que entre os anos 1987 e 2015 pasa de 492 viticultores a roldar os 6.000.

Page 8: D O S S I E R de P R E N S A · 2016-08-11 · Cambados, elaboran o viño con uva procedente de cepas duns 30 anos de antigüidade, selecciona-da con coidado, buscando o me-llor momento

P R O C E S O D E E L A B O R A C I Ó N

Produto das cepas das mellores parcelas de máis de 30 anos de antigüidade, prodúcese utilizan-do medios que realzan as propias propiedades das uvas, obtendo un viño branco que rescata o me-llor dos antigos albariños.

A elaboración comeza nos viñe-dos, escollendo as mellores da-tas para a vendimia.

A uva deposítase en caixas de plástico alimentario, duns 15 kg aproximadamente, que agrupan en pales e introdúcense en cá-maras de frío, proporcionando á uva unha maceración a -6º du-rante unhas 48 horas.

Despois da maceración abátese a temperatura da uva, pPosterior-mente despalíllase e pásase ao proceso de prensado.

O seguinte paso é a fermentación INOX a 17ºC. Na propia vinifica-ción aprovéitanse as suas pro-pias lías finas para o seu baton-nage durante cinco meses.

A continuación repousa en lías e seguidamente procédese a unha estabilización tortánica por frío.

Embotéllase nove meses logo da vendimia, dándolle todo o tem-po necesario para que o viño en botella se exprese en toda a súa plenitude.

Page 9: D O S S I E R de P R E N S A · 2016-08-11 · Cambados, elaboran o viño con uva procedente de cepas duns 30 anos de antigüidade, selecciona-da con coidado, buscando o me-llor momento

N O T A D E C A T A

D.O Rias Baixas - Subzona Salnés

Un viño á vista amable, amarelo pallizo con tons dourados brillantes onde non faltan pinceladas verdosas que nos fan intuír xa o seu frescura.

O seu primeiro nariz móstrase varietal aínda que certos matices fannos sentir a sua crianza coas suas lías. Froita de óso como pexego, que non o clásico melocotón, esa mestura de cítrico e herbal evócannos a piña, froitas confitadas tipo pera e mazá, laranxa e sutís recordos de auga de azahar.

A súa boca é amable, envolvente, aterciopelado e resistente. Parece tímido pero crécese por momentos, móstranos no seu postgusto a froita e frescura esperada así como entretido final de boca.Boa expresión de chan (elegancia, frescura) e varietal.

Un viño moi versátil, o mesmo acompaña a conversación nos aperitivos, lócese co marisco da zona, e envalentónase cun peixe salseado ou carnes brancas, recomendable con pratos de cociña xaponesa e peruana.

Page 10: D O S S I E R de P R E N S A · 2016-08-11 · Cambados, elaboran o viño con uva procedente de cepas duns 30 anos de antigüidade, selecciona-da con coidado, buscando o me-llor momento

w w w . 1 2 c u n c a s . c o m