balada nas praias do oeste (1985) - poesiagalega.org · manuel rivas balada nas praias do oeste na...

1
MANUEL RIVAS BALADA NAS PRAIAS DO OESTE Na ribeira acouga a nao e aniñan no seu mastro os paxaros da terra. Co compás trazo as rotas en mapas de labranza, dóeme a ira do ceo no feble costelame da semente, e temo a deriva da flor por ventos deshumanos. Dorme a nao na ribeira, cuberto en mato e xuncos o ensoño azul da quilla e alma ten de farándula o mascarón da proa. Na bitácora gárdase o caderno das lúas e a búsola das chuvias unha botella con vello licor de neve. Canta a laverca nun arpón de ferruxe, trinca os cabos un salouco de merlo, e albiscan os corvos no timón a miúda morte que se deita /nas beiras. Todo listo, almirante, para a grande viaxe. De Balada nas praias do Oeste (1985)

Upload: phamtram

Post on 27-Jun-2018

227 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Balada nas praias do Oeste (1985) - poesiagalega.org · MANUEL RIVAS BALADA NAS PRAIAS DO OESTE Na ribeira acouga a nao e aniñan no seu mastro os paxaros da terra. Co compás trazo

MANUEL RIVAS

BALADA NAS PRAIAS DO OESTE

Na ribeira acouga a naoe aniñan no seu mastro os paxaros da terra.Co compás trazo as rotas en mapas de labranza,dóeme a ira do ceo no feble costelame da semente,e temo a deriva da flor por ventos deshumanos.Dorme a nao na ribeira,cuberto en mato e xuncos o ensoño azul da quillae alma ten de farándula o mascarón da proa.Na bitácora gárdase o caderno das lúas e a búsola das chuvias

unha botella con vello licor de neve.Canta a laverca nun arpón de ferruxe,trinca os cabos un salouco de merlo,e albiscan os corvos no timón a miúda morte que se deita/nas beiras.

Todo listo, almirante, para a grande viaxe.

De Balada nas praias do Oeste (1985)