as damas do laboratorio

32
As damas do laboratorio. María José Casado Ruiz de Lóizaga. -Lucía Gil Suárez. Nº 11 2ºA -Dept.: FCeT

Upload: dpto-filosofia-ies-otero-pedrayo-ourense

Post on 27-Jun-2015

321 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: As damas do laboratorio

As damas do laboratorio.María José Casado Ruiz de Lóizaga.-Lucía Gil Suárez. Nº 11 2ºA -Dept.: FCeT

Page 2: As damas do laboratorio

ÍNDICE• 1.- Introdución• 2.- A autora• 3.- Hipatia de Alexandría• 4.- Émilie de Breteuil, marquesa de Châtelet• 5.- Mary Somerville• 6.- Ada Byron, condesa de Lovelace• 7.- Sonia Kovalevskaya• 8.- Marie Curie• 9.- Lise Meitner• 10.- Rosalind Franklin• 11.- Comentario persoal• 12.- Fontes de información

Page 3: As damas do laboratorio

1. Introdución Son moitas as mulleres, aínda hoxe descoñecidas, que desenvolveron un

papel relevante na ciencia, e a referencia destas mulleres data de hai uns catro mil anos. Na maioría foron mulleres invisíbles, descoñecidas.

Estamos nun momento no que a muller científica deixou de ser unha rareza. É tempo de dar a coñecer os seus logros científicos. A autora, María José Casado Ruiz de Lóizaga , recolleu algunhas destas mulleres para relatarnos as súas vidas, logros científicos que non chegaron a a ser recoñecidos na meirande das ocasións.

Page 4: As damas do laboratorio

Esta selección de mulleres abarca desde o século IV ata o XX. Así, poderemos coñecer como eran as súas vidas en tempos remotos nos que difícilmente poderíamos imaxinar que houbese habido mulleres que destacasen nas ciencias. Independientemente do apoio e formación que puideron ter estas mulleres, todas elas foron loitadoras, apaixoadas polas ciencias, destacaron nun mundo masculino, aínda que en moitos casos se tratara de tapar a súa contribución.

Temos que agradecer a María José Casado este libro que dun modo ameno pero riguroso, nos presenta a vida destas mulleres científicas ao longo da historia cuxas contribucións foron excepcionais e merecen o recoñecemento que sen dúbida, este libro axudou a conseguir.

Page 5: As damas do laboratorio

2. A autora• María José Casado Ruiz de

Lóizaga, nada en Vitoria, é licenciada en Ciencias da Información e Historia Moderna e Contemporánea. É subdirectora da revista "Moi Interesante" e colaboradora de diversos medios de comunicación.

É especialista en temas de divulgación científica e historia da ciencia, leva varios anos publicando artigos e dando conferencias sobre as mulleres silenciadas no campo

da ciencia destacando tanto o seu esforzo persoal como as dificulta-des para prosperar no seu traballo científico.

Page 6: As damas do laboratorio

3. Hipatia de Alexandría (370-415)• Alexandría era unha cidade que amaba o diálogo e a polémica. A cidade

recollera a herencia de Grecia e puxera os cimentos da ciencia antiga. Aquí Euclides elaborou a primeira xeometría e Tolomeo a astronomía. Outros alexandrinos de cuna ou adopción foron Arquímedes, Dionisio Thrax…

So un lugar coma éste pudo facer posible a aparición dunha muller tan excepcional como Hipatia, sabia da Antigüidade que liderou a intelectualidade do seu tempo e investigou no campo das matemáticas, astronomía, filosofía e outras ciencias.

Page 7: As damas do laboratorio

• Aínda que Hipatia foi unha muller moi famosa na súa época, en Occidente a súa figura desapareceu case por completo até que escritores da Ilustración a sacaron á luz. Descubir á verdadeira Hipatia non foi tarefa doada para os seus biógrafos, xa que apenas existen documentos que falen dela e a súa morte é o único que deixaron ben documentado varios autores.

Nin sequera existen xa, ao menos baixo o seu nome, as obras que sabemos que ela escribiu, aínda que se cree que existen escritos seus baixo a firma doutros autores. A Hipatia tocoulle vivir nos anos convulsos próximos á fin do Imperio Romano, pero esto non apagou o seu

interese por aprender nin a súa vocación. Cando xa era unha

científica preparada, Hipatia convertiuse en axudante do seu pai. O misterio do universo e dos astros, entre os que estaba a Terra, era unha das grandes paixóns de Hipatia, e a astronomía, unha das súas áreas de coñecemento favoritas.

Page 8: As damas do laboratorio

• Damascio chega a mencionar algúns libros que se deben a Hipatia. É autora do comentario de Diofanto, e tamén escribiu un traballo titulado O cánon astronómico, comentando a obra de Tolomeo, e un Comentario sobre as Crónicas de Apolonio. Tamén se lle atribúen comentarios ás obras de Arquímedes A dimensión do círculo e A esfera e o cilindro.

Durante vinte anos Hipatia exerce como profesora de filosofía, matemáticas e astronomía. Cando morre Teón é considerada como a máxima autoridade intelectual da cidade. É valorada como científica e como filósofa. Ensina a membros de familias ilustres da cidade, a gobernantes, estranxeiros, eruditos, políticos… Todos os homes tiñan gran admiración por ela debido á súa enorme dignidade e virtude, afirmaba Sócrates Escolástico.

Page 9: As damas do laboratorio

Unha serie de circunstancias xúntanse no espacio e no tempo e permiten que aflore alguén tan excepcional como Hipatia, a primeira científica importante documentada da antigüidade. Unha familia ilustre e respetada, un pai intelectual na cima do prestixio profesional e de mentalidade aberta e os seus dotes personais fixérona quen foi.

Muller filósofa e científica ilustre, víctima da envidia de Cirilo, fixo que chegara ata nós gran parte do saber matemático e científico da Antigüidade.

Page 10: As damas do laboratorio

4. Émilie de Breteuil, marquesa de Châtelet (1706-1749)

Muller singular, científica máis interesante do Século das Luces en Francia, adornábase cos lazos e xoias do seu mundo Barroco. A súa pasión polo coñecemento fíxoa disfrutas entre a frivolidade de París e Versalles.

Aos doce anos sabía latín, grego, alemán e italiano e sabía fragmentos de Virgilio

de memoria. Practicaba os deportes de moda, cantaba ópera, tocaba instrumentos… Adoitaba ler con pasión os libros de filosofía natural, como daquela chamaban ás matemáticas e á física.

Aos dazanove anos, o 20 de xuño de 1725, Émilie casou nun matrimonio de conveniencia co gobernador de Borgoña, Florent Claude, o que era unha práctica habitual.

Page 11: As damas do laboratorio

• Na primavera de 1733 Émilie entrou en contacto con Voltaire, escritor brillante e con moito éxito social que se alineaba nas correntes do racionalismo inglés. Admiraba a Locke e a Newton. Voltaire era un pensador ilustrado de espíritu independente e racionalista que facía fronte aos poderes establecidos.

Émilie viviu nun tempo apaixoante, o Século das Luces, que levará a dúas grandes revolu- cións, a política (Revolución Francesa) e a Revolución Industrial. Ela leva en sí mesma o espíritu da Ilustración, amor pola razón e o estudio, a búsqueda da felicidade e a im- portancia que ten o exercicio espiritual. Investigou asuntos de física e química, cos que competiu con todos os

científicos do seu tempo. Os seus escritos son un comezo na Ilustración e ela en sí mesma é unha muller adiantada no seu tempo.

Page 12: As damas do laboratorio

5. Mary Somerville (1780-1872)• Mary creceu e pasou a súa infancia en Burntisland, unha cidade pequena

no estuario de Forth, en Edimburgo, case sempre en ausencia do seu pai e xunto á súa nai, unha muller amable educada á antiga usanza pero que adoitaba mostrar unha gran valentía.

Os seus pais non tiñan unha grande cultura. Mary, ós dez anos non sabía escribir nin ler con soltura e tiña dificultades para memorizar. Debido a esto os seus pais decidiron internala nunha escola de Musselburgh, e foi alí onde comezou a súa formación.

Foi o seu profesor de debuxo quen avivóu en el ao interese polas matemáticas. Foi lendo os libros de Euclides e nese reto non lle faltaron barreiras nin intolerancia ó seu redor.

Page 13: As damas do laboratorio

Mary Somerville foi unha das grandes científicas do seu tempo pese á súa formación autodidacta, e para algúns ilustres contemporáneos foi a muller máis extraordinaria de Europa. Eran tempos nos que Inglaterra e Escocia estaban abertas de par en par á ciencia e ás reformas, e os intelectuais máis avanzados querían modernizar as matemáticas e facer accesible o saber. Ela foi quen de difundir eses coñecementos e puxo ó alcance dun público os últimos descubrimentos científicos da época, expoñéndoos con claridade e precisión, completados coas súas propias conclusións e comentarios.

A súa primeira publicación tratou sobre as propiedades magnéticas dos raios ultravio- letas e foi seguida de obras de astronomía e matemática, xeografía física, ciencia molecular e microscopía. Mary enfocou a realidade e os obxectos científicos desde perspectivas moi variadas.Muller polifacética, puido compatibilizar a súa labor científica coa de nai e esposa.

Page 14: As damas do laboratorio

A capacidade de relación e simpatía de Mary lle proporcionaron contactosco mundo científico que a situaron no centro dos acontecementos da ciencia do seu tempo. O Somerville College de Oxford, de onde sairán moitas mulleres de aavanzadaeducación, mantén vivo o recordo desta científica que sentiu tamén anecesidade da educación das mulleres. Ela contribuíu a modernizar aastronomía e outras ciencias e a facela máis accesible aos estudiosos. Coa súa autobiografía, Mary legounos o regalo da visión da súa propia visión da

vida tal e coma ela quixo que se lle recordara.

Page 15: As damas do laboratorio

6. Ada Byron, Condesa de Lovelace (1815-1852)

Ada Lovelace é recordada principalmente por escribir unha descrición da antiga máquina analítica de Charles Babbage, e por desenvolver instrucións para facer cálculos nunha versión inicial do computador.Nas súas notas, Ada Augusta di que a «máquina analítica» só podía dar información dispoñible que xa era coñecida: viu claramente que non podía orixinar coñecemento.

O seu traballo foi esquecido por moitos anos, atribuíndolle exclusivamente un papel de transcriptora das notas de Babbage. Este mesmo caracterizou o seu aporte ao chamala o seu intérprete aínda que recentes investigacións mostran a originalidad do seu punto de vista sobre as instrucións necesarias para o funcionamento da «máquina analítica»

Page 16: As damas do laboratorio

Hoxe en día recoñécese a Ada Byron como a primeira persoa en describir unha linguaxe de programación de carácter xeral interpretando as ideas de Babbage, pero recoñecéndoselle a plena autoría e originalidad das súas aportes. Ada Byron é a nai da programación informática.Ada Lovelace publicou en 1843 unha serie de influyentes notas sobre o ordenador de Babbage, a súa «máquina analítica» que nunca chegou a construírse, aínda que non as asinou coas súas iniciais por medo a ser censurada por ser muller.

Ada Byron chamouse a si mesma unha analista, un concepto realmente moderno para a época.

Page 17: As damas do laboratorio

• Suxeriu o uso de tarxetas perforadas como método de entrada de información e instrucións á máquina analítica. Ademais introduciu unha notación para escribir programa, principalmete baseada no dominio que Ada tiña sobre o texto de Luigi Menabrea de 1842, que comentou personalmente completándoo con anotacións que son máis extensas que o texto. É reseñable ademais o seu mención sobre a existencia de ceros ou estado neutro nas tarxetas perforadas sendo que as tarxetas representaban para a máquina de Babbage números decimales e non binarios (8 perforaciones equivalerían a 8 unidades).

Page 18: As damas do laboratorio

7. Sonia Kovalevskaya

Sonia Kovalévskaya foi unha matemática rusa do século XIX, que para poder estudar na universidade tivo que saír fóra de Rusia, pedir permisos especiais para asistir a clase e solicitar clases particulares a ilustres matemáticos. Logo de obter o doctorado en Matemáticas, malia que ningunha universidade en Europa admitía a unha muller como profesora, conseguiu selo na entón recentemente creada Universidade de Estocolmo.

Page 19: As damas do laboratorio

• As súas investigacións céntranse na Análise Matemática. O seu nome pasou á historia polo Teorema de Cauchy-Kovaleskaya. O seu especialización, polo que na súa época foi coñecida en toda Europa, era a teoría de funcións abelianas.

• O seu traballo sobre os aneis de Saturno representa a súa achega á matemática aplicada. O seu maior éxito matemático foi a súa investigación sobre a rotación dun sólido ao redor dun punto fixo polo que obtivo o Premio Bordin da Academia de Ciencias de Parides. O seu traballo póstumo, unha simplificación dun Teorema de Bruns.

Page 20: As damas do laboratorio

• O seu libro autobiográfico Recordos da infancia un relato que nos narra as vivencias e os sentimentos do seu niñez, ademais de describir os problemas da sociedade rusa, foi traducido ao sueco. Cando Sonia morreu, a súa amiga Anne escribiu a súa biografía. A súa novela póstuma Beira Barantsova, que contaba a historia dunha nova mártir revolucionaria, foi publicada en Suecia (1892) polos seus amigos a partir dos seus manuscritos non revisados e en Rusia (1906) co título "Unha nihilista".

A súa dedicación simultánea ás investigacións matemáticas e á literatura causou un certo desconcerto en moitas das persoas da súa ao redor. Nunha carta escrita por Sonia comentaba que non era nada estraño, xa que tanto o poeta como o matemático deben ser capaces de profundar na realidade e desta forma ver o que os demais non ven. Ademais a Matemática, para ela, era a ciencia que esixía máis imaxinación.

Page 21: As damas do laboratorio

8. Marie Curie (1867-1934) Marie Sklodowska naceu o 7 de novembro de 1867 en Varsovia. Era a

quinta filla dun profesor de ensinos medios e unha pianista e cantante.

Naquel tempo, a maior parte de Polonia estaba ocupada por Rusia, que, tras varias revoltas nacionalistas sufocadas violentamente, impuxera a súa lingua e os seus costumes. Xunto coa súa irmá Helena, Marie asistía a clases clandestinas ofrecidas nun pensionado nas que se ensinaba a cultura polaca.

Page 22: As damas do laboratorio

• Marie e Pierre estudaron as follas radiactivas, en particular o uranio en forma de pechblenda, que tiña a curiosa propiedade de ser máis radiactiva que o uranio que se extraía dela. A explicación lóxica foi supoñer que a pechblenda contiña anacos dalgún elemento moito máis radiactivo que o uranio.Tamén descobren que o torio podía producir radiactividad. Tras varios anos de traballo constante, a través da concentración de varias clases de pechblenda, illaron dous novos elementos químicos. O primeiro, en 1898, foi nomeado como polonio en referencia ao seu país nativo.

Foi a primeira muller que obtivo tal galardón. Recibiron por el 15.000 dólares Pouco despois, en 1904, Pierre consolidouse como profesor titular na Facultade. A fama lles abrumou e concentráronse nos seus traballos. No mesmo ano tiveron á súa segunda filla, Ève, tras sufrir Marie un aborto, probablemente producido pola radiactividade.

Page 23: As damas do laboratorio

• Durante a Primeira Guerra Mundial Curie propuxo o uso da radiografía móbil para o tratamento de soldados feridos. En 1921 visitou os Estados Unidos, onde foi recibida triunfalmente. O motivo da viaxe era recaudar fondos para a investigación. Nos seus últimos anos foi asediada por moitos físicos e productores de cosméticos, que usaron material radiactivo sen precaucións.

• Na primavera de 1934, Curie, logo de quedarse cega, morreu o 4 de xullo de 1934 preto de Passy (Alta Saboya, Francia), por mor dunha anemia aplásica, probablemente debida ás radiacións ás que estivo exposta nos seus traballos, e cuxos nocivos efectos eran aínda descoñecidos. Foi enterrada xunto ao seu marido no cemiterio de Sceaux, poucos quilómetros ao sur de Parides.

Page 24: As damas do laboratorio

9. Lise Meitner (1878-1968)Física austriaca que se doctorou en Viena. En 1912, estableceuse en Berlín, onde foi axudante de Max Plank e mediu a lonxitude de onda dos raios gamma. En 1917, foi profesora de física na universidade de Berlín. É soado por descubrir o protactinio en 1918, xunto con Otto Hahn, e polas investigacións que dirixiu en Copenhague, xunto con Otto Frisch, sobre as transmutaciones de elementos e especialmente sobre a fisión do uranio (1939). Ademais foi a segunda muller que obtivo un doctorado en Física pola Universidade de Viena.

Page 25: As damas do laboratorio

• Cando Adolf Hitler chegou ao poder en 1933, Meitner foi directora do Instituto de Química. Malia que estaba protegida pola súa nacionalidade austriaca, todos os demais xudeus científicos, entre eles o seu sobrino Otto Frisch, Fritz Haber, Leó Szilárd e moitas outras personalidades, foron despedidos ou obrigados a dimitir dos seus cargos, a súa resposta foi non dicir nada e enterrar a si mesma o seu traballo.

No seu primeiro traballo en Berlín en 1907, foi obrigada a traballar nun taller no sótano, xa que o laboratorio supervisor non puido soportar ver a unha muller no traballo todos os días xunto aos homes do laboratorio. Noutra ocasión, os editores dunha enciclopedia desexaron consultar achega dun artigo e foron moito menos entusiastas cando o profesor Meitner resultou ser unha muller.

Como un pode imaxinar, é moi difícil para persoas socialmente conservadoras encaixar o éxito dunha muller, o mundo da ciencia de alto nivel era moi pechado. No seu día foi quizais a única muller nun aula de 100 homes.

Page 26: As damas do laboratorio

10. Rosalind Franklin (1920-1958)

• Rosalind Elsie Franklin (25 de xullo de 1920 en Kensington, Londres- 16 de abril de 1958 Chelsea, Londres) foi unha biofísica e cristalógrafa inglesa autora de importantes contribucións á comprensión das estruturas do ADN, os virus, o carbón e o grafito. A Franklin recórdana principalmente pola chamada Fotografa 51, a imaxe do ADN obtida mediante difracción de raios X, que serviu como fundamento para a hipótese da estrutura dobre helicoidal do ADN na publicación do artigo de James Watson e Francis Crick de 1953.

Page 27: As damas do laboratorio

• En 1951, regresou a Inglaterra para traballar como investigadora asociada no laboratorio de John Randall no King's College de Londres. Rosalind Franklin, unha muller de personalidade forte, mantivo aquí unha relación complexa con Maurice Wilkins, quen mostrou sen o seu permiso as súas imaxes de difracción de raios X do ADN a James Watson e Francis Crick. Ningunha outra inspiración foi tan forte como esta para a publicación por eles, en 1953, da estrutura do ADN, tal como eles mesmos recoñeceron.

Page 28: As damas do laboratorio

• Franklin morreu prematuramente, de cancro de ovario, en 1958 en Londres. Con toda probabilidade, esta enfermidade foi causada polas repetidas exposicións á radiación durante as súas investigacións.

As condicións que como muller tivo que soportar en Cambridge e certas palabras despectivas de James Watson, fan aparecer como un agravio a concesión do Premio Nobel de Fisiología ou Medicina só a Watson, Crick e Wilkins en 1962, cando en realidade xa se produciu o seu falecemento. Os seus compañeiros, incluso Watson, expresaron repetidas veces o seu respecto persoal e intelectual por ela. En calquera caso, Rosalind Franklin merece o lugar que chegou a ocupar como icono do avance das mulleres na ciencia.

Page 29: As damas do laboratorio

11. Comentario persoal• Estamos nun momento, nunha época, na que a muller científica deixou de

ser unha rareza, deixou de ser invisible e está acadando as posicións directivas e de poder que teñen os seus compañeiros masculinos. Este libro marcou o momento de dar a coñecer algúns dos logros científicos dalgunhas mulleres que foron auténticas pioneiras da ciencia ao longo da civilización.

Page 30: As damas do laboratorio

• Neste pequeño traballo intentei recoller e relatar brevemente os sucesos máis destacables das súas vidas, os acontecementos que as fixeron sufrir ou que diminuíron momentaneamente a súa importancia.

• Independientemente da formación que puideran ter estas mulleres, todas elas foron loitadoras,, apaixoadas polas ciencias que destacaron nun mundo sumido no machismo. Todo esto as honra enormemente e por elo deben ter ese recoñecemento do que careceron durante a súa vida

Page 31: As damas do laboratorio

12. Fontes de información• 1. Las damas del laboratorio , María José Casado Ruíz de Lóizaga. Ed.

Debate• 2. http://www.sdsc.edu/ScienceWomen/franklin.html• 3. http://

www.ojocientifico.com/2009/07/05/las-10-mujeres-cientificas-mas-importantes-de-la-historia

• 4. http://www.google.es/search?hl=es&gs_rn=12&gs_ri=psy-ab&pq=rosalind+franklin&cp=10&gs_id=18&xhr=t&q=mujeres+cientificas&bav=on.2,or.r_qf.&biw=1366&bih=621&um=1&ie=UTF-8&tbm=isch&source=og&sa=N&tab=wi&ei=NwuEUYrOCoTYOb7xgdgJ

Page 32: As damas do laboratorio